10ª XORNADA LIGA BENXAMÍN E ALEVÍN MIXTO DE BALONCESTO

O noso equipo benxamín logrou a cuarta victoria da temporada, esta vez fronte o equipo de Allariz.

O partido dominámolo de principio a fin, e ademáis conseguimos algo moi importante que todos os nosos xogadores anotaran polo menos unha canasta, incluso os dous máis pequeninños do equipo Lucía de 2º E.P. e Ismael de 1º E.P. que pese a ser posiblemente os dous xogadores máis pequenos de todos os participantes nesta Liga a ilusión non lle gaña ningún, por moitos centímetros que lle leven.

Pola contra o noso equipo alevín caeu derrotado fronte o equipo da Purísima. Aínda que fixeron un moi bo partido, nada puideron facer fronte as "torres" do equipo rival, tres rapaces por encima de 1,70 m.

Quizáis xogaron o mellor partido da tempada ata o de agora pero a diferenza de altura foi decisiva.