GRATUIDADE SOLIDARIA CURSO:2013/2014

OBXECTO DA CONVOCATORIA -> Orde do 30 de maio de 2013
O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014. toda a información en edu.xunta.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN
Educación Primaria e Educación Especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013
Educación Secundaria Obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013
Educación Secundaria Obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013

DOCUMENTACIÓN
Instancia de solicitude das axudas -> Instancia en formato pdf
Alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria.

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2011, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
• Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
• Certificado ou volante de convivencia.
• Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2011:
• Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
• Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
• Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

Alumnado de Educación Especial

Únicamente deberá presentar a solicitude de axuda, non sendo necesario xuntar documentación algunha.

Alumnado cunha minusvalidez igual ou superior ao 65%

Só ten que presentar a certificación emitida polo órgano competente do grao de minusvalidez, xunto coa solicitude da axuda.

Os menores que se atopen en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin do nivel de renda.

A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.