MONICA CORDERA VISITA 3º ESO
2 de Outubro do 2013
Desde a materia de taller de iniciativas emprendedoras suscitáronnos a posibilidade de coñecer a Mónica Cordeira co fin de aprender un pouco máis sobre alguén emprendedor e autónomo que nos axudaría bastante coa materia e a nós mesmos.
Mónica Cordeira: Unha moza de 26 anos que encaixa moi ben na definición desta materia. Ten un taller (de costura) e tivo a súa iniciativa (persoal de crear a súa propia marca.) É emprendedora porque cada tempada emprende unha oportunidade para que os seus vestidos fáganse un oco no mercado.
9 de Outubro do 2013
A esperadísima Mónica Cordeira acudiu a este o noso colexio.
Prepararamos unhas preguntas anteriormente para poder suscitarllas e aprender máis sobre unha persoa que loitou polo seu soño e acabouno conseguindo.
Ola, Mónica, co seu permiso espero que non lle importe que a tuté. Enviábache esta carta en nome da clase de 3º da E.S.O. para agradecerche enormemente a túa visita. Por facernos un oco nesa axenda tan apertada. Foi todo un honor para nós terte entre as nosas paredes unha vez máis (xa que se di que é habitual a túa visista aquí jajaja). Quería que soubeses que nos agradou moitísimo coñecerte , e que nos motivou para perseguir de verdade os nosos soños. Pero a temática principal era o ser empresario e autónomo. Co cal , coa tua presenza aquí, aprendemos moito máis sobre iso. Non me quero entreter moito falando porque sei que o tempo é fundamental no teu traballo. Por iso quero agradecerche de xeito directo , en nome de todos os meus compañeiros, o habernos visitado e poñer fín a moitas dúbidas que nos suscitabamos. Un abrazo moi grande en nome de 3º da E.S.O. do CPR Plurilingüe Divino Maestro.
ATT: Raúl Suárez Santalices.
- APIs de Blogue
