CORRENDO X OURENSE 2014

Por cuarto ano consecutivo o Consello Municipal de Deportes pon en marcha o circuito de carreiras Populares "Correndo por Ourense" con gran aceptación polos amantes a este tipo de manifestacións atléticas en Ourense.

A inscrición para esta carreira, a primeira do circuíto pódese facer ata o mércores día 23/04/2014.
O Circuíto "Correndo por Ourense" está integrado por 6 carreiras.

DOMINGO 27/04/2014 12:00 CARREIRA DO VINTEÚN -> Sae da porta do noso Colexio
SÁBADO 31/05/2014 21:00 CARREIRA DO COUTO
DOMINGO 29/06/2014 12:00 CARREIRA DE CORPUS
DOMINGO 07/09/2014 12:00 CARREIRA DA PONTE
DOMINGO 28/09/2013 12:00 CARREIRA DA UNIVERSIDADE
DOMINGO 26/10/2013 12:00 CARREIRA DA CARBALLEIRA

É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado. A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado, de maneira que os que teñan menos puntos serán os primeiros clasificados/as. 


Inscripcións    Folleto    Regulamento 2014