VISITA APICULTOR. 3ºESO

O mércores 14 de maio dende a área de taller de iniciativas emprendedoras os alumnos de terceiro da ESO recibimos a visita de Jose Manuel González Paz, un emprendedor do sector primario.
Jose Manuel é un home que se esforzou ao largo da súa vida por facer o que máis quería, ser policía nacional e á vez poder estar en contacto co medio ambiente.É un amante da apicultura.
Jose Manuel díxonos que empezou nese sector porque para el é o máis importante debido a que é o fundamental para a subsistencia.
El tiña un soño e perseguiuno, porque a ilusión move e neste mundo rápido e cambiante hai que loitar porque os teus soños se fagan realidade.
Jose Manuel ten moitas das calidades persoais dun emprendedor: Iniciativa, autonomía, perseverancia, confianza en sí mesmo, flexibilidade, responsabilidade, actitude posítiva, capacidade de decisión, adaptabilidade e visión emprendedora.
Ahora está inmerso na apicultura pero non duda en montar unha casa rural.
Desta visita aprendimos que o noso rural é a nosa riqueza.