VISITA AOS BOMBEIROS

Os alumnos de 3º de Educación Primaria, este xoves 15 de maio de 2014, fixemos unha saída para ver o que fan os Bombeiros.

Contáronnos como é o seu día a día no traballo, emerxencias que atenden acotío, que facer cando se está nun incendio e como evitalo, visitamos as instalacións do parque de bombeiros, "probamos" o equipamento...

Foi unha experiencia moi especial e motivadora e a titora Ledicia coma sempre acordouse de sacar algunhas fotos, Mirade, mirade... que envexa vos imos dar.