ÚLTIMO DÍA DE CLASE 2013 / 2014

Este último día de clases deste curso cuadrou a 20 de xuño, a verdade e que pasámolo de marabilla. Nun primeiro momento estivemos todos xuntos nas clases, logo baixamos ao patio para ver o partido de profes contra alumnos (Ver fotos partido).

Ao remate do mesmo fíxose entrega no Salón de Actos dos premios da Liga de Recreos "Xogo Limpo" (Ver fotos entrega premios).

Para rematar no Salón de Actos os alumnos de 4º de Secundaria, leron unha carta e mostraron unha pelicula con imaxes do seu paso por aquí (Ver fotos despedidas).

Como remate cada titor/a foi coa súa clase para a aula onde se despediron ata o próximo curso.

A verdade e que foi un día moi intenso pero tamén moi emotivo para todos