3ª XORNADA DOS EQUIPOS ALEVÍNS E SEGUNDA XORNADA DO BENXAMÍN

Moi boa xornada para os tres equipos do club.

O equipo Alevín Femenino segue ca súa boa racha e venceu ao equipo do Pabellón no pavillón do Instituto O.Pedraio por un resultado de 31 a 41.

O partido dominámolo dende o principio grazas a unha excelente defensa de todas as xogadoras durante todo o encontro. O traballo realizado nos últimos adestramentos de xogar con espazos, de pasar e cortar, comeza a dar os seus frutos e reflíctese nos partidos, conseguindo canastas dun xeito elaborado, pasando o balón por todas as xogadoras e sendo capaces de anotar moitas xogadoras.

O equipo vai a mais cada día e demostra en cada adestramento e en cada partido as gañas que teñen por mellorar e por disfrutar deste deporte. 

 O equipo remata a primeira volta, na primeira posición do grupo A, cun balance de tres victorias e ningunha derrota e ofrecendo moi boas sensacións.

O equipo Alevín Masculino conseguíu a primeira victoria da tempada nun moi bo encontro de todos os integrantes do equipo, venceron ao equipo de Santa María por un resultado de 36-20. Era unha victoria moi esperada e moi merecida xa que durante a pasada tempada non conseguiramos ningún triunfo.

É de destacar a implicación e a entrega deste equipo, que pese a todas as adversidades e derrotas, nunca baixa os brazos nin perde a ilusión. Os sorrisos e a ledicia dos nenos ao rematar o partido é un dos motivos polos que fan a este deporte tan especial e distinto aos demais e fan sentir a un orgulloso de adestrar a este maravilloso grupo de rapaces.  

O equipo Benxamín mixto non puido obter un resultado positivo, pero na miña opinión xogamos moito mellor có equipo contrario pese a derrota. Fomos capaces de conseguir todas as canastas despois de varios pases e non en accións individuais. O equipo contrario conta cun rapaz moi bo, que anotou a maior parte dos puntos do seu equipo, todas de xeito individual. Por eso estou moi contento co traballo destes pequenos que cada día fan mellor as cousas e que algún deles sube habitualmente aos equipos Alevíns para botarrlles unha man.

  A miña noraboa a tod@s.