PROXECTO VIVIR EN SAÚDE
Os Alumnos do Primeiro Ciclo disfrutamos de unha actividade da Fundación Mapfre na que nos explicaron bos hábitos alimenticios e fixemos moitas actividades.Trátase dun conxunto de contos, cómics e cancións dirixidos a nenos, de entre 5 e 13 anos, que achegan coñecementos e consellos prácticos, en español e inglés, sobre os hábitos alimentarios máis saudables en cada momento da vida. Tamén ofrece aos educadores guías de actividades e outros recursos educativos para aprender a incorporar hábitos sans como realizar cinco comidas e beber de 8 a 10 vasos de auga ao día, realizar actividade física de xeito regular, polo menos unha hora diaria, e corrixir malos hábitos relacionados co sono, o xeito en que se carga coa mochila e a limpeza de mans e dentes. Podedes mirar máis fotos
»
- APIs de Blogue
