5ª E 6ª XORNADA DOS EQUIPOS ALEVÍNS E 4ª XORNADA DO EQUIPO BENXAMÍN

O equipo Alevín Femenino disputou esta fin de semana dous partidos, o correspondente á última xornada desta primeira fase e o aplazado da semana pasada. Ambos encontros remataron con sendas victorias do noso equipo, que termina así unha primeira fase espectacular con 6 victorias e ningunha derrota, clasificándose de xeito brillante para disputar a liguilla cos dous mellores equipos de cada grupo, que van a loitar polas dúas prazas que dan acceso a Liga Galega.

O primeiro partido xogabámolo contra o Pabellón, nun partido que a priori presentábase igualado, xa que no partido de ida, a pesar de gañalo, foi bastante parello. Pero neste, un parcial no primeiro cuarto de 17-0, gracias á nosa espléndida defensa, deixou finiquitado o choque, e a partires de ahí as diferenzas foron crecendo cada cuarto, ata chegar ó resultado final de 54-22 a favor das nosas guerreiras. É de destacar o gran partido que fixeron as nosas rapazas, que cada xornada van a mais e que demostran as gañas que teñen de aprender e de mellorar.

O segundo partido disputámolo fronte o equipo do Muebles Victoria Barco. Despois da tensión e da intensidade ca que se disputara o día anterior o choque contra o Pabellón, e xa clasificadas como primeiras, baixamos algo o pistón, e o partido non foi moi brillante, pero logramos a victoria e serviunos para seguir a traballar certos aspectos do xogo que imos necesitar nos partidos da seguinte fase.

O equipo Alevín Masculino conseguía a segunda victoria da tempada neste caso fronte o equipo do EDO na súa pista, cun marcador de 27-36. A primeira parte do partido foi moi igualada, aínda que sempre nos por detrás do marcador. Pero a partires do descanso, a nosa defensa mellorou e eso permitiunos roubar balóns en primeiras liñas de pase e anotar contraataques con facilidade. O acerto nos tiros libres ó final serviunos para rematar a faena. Cómpre destacar a melloría experimentada non só de xeito individual polos nosos xogadores se non tamén en equipo.

O equipo Benxamín Mixto de novo xogou moi ben e continúa ca sua mellora evidente en cada partido que xoga, pero o mais importante é como disfrutan e como se divirten sen importarlles o resultado final. É un grupo que seguro nos vai a dar moitas alegrías no futuro.