PRIMEIRA XORNADA DO 2015 PARA OS NOSOS EQUIPOS
A primeira xornada do ano 2015 non foi demasiado boa en canto o que se refire a resultados, xa que todos os nosos equipos saldaron os seus partidos con derrotas, aínda que o certo é que todos xogaban con rivais moi superiores.
O noso equipo Benxamín perdeu o seu partido contra o equipo de Xinzo, que está loitando polo primeiro posto da clasificación. Pese a derrota os nosos peques deixaron coma sempre moi boas sensacións, cada día demostran moitos progresos e pouco a pouco están adquirindo progresos moi importantes. Hai que destacar que os xogadores deste equipo só se xuntan para disputar os partidos, xa que os nenos e as nenas adestran cos equipos alevíns, polo que ten mais mérito aínda o que fan partido tras partido.
O equipo Alevín Masculino recibía a visita do equipo do Barco de Valdeorras, segundo clasificado e un dos candidatos a clasificarse para disputar a Liga Galega. O partido foi dominado claramente polos visitantes xa dende o principio, debido entre outras cousas polo dominio do rebote nas duas canastas e tamén polo maior acerto no tiro. O noso equipo segue a demostrar a súa melloría pero aínda temos moitas cousas que traballar e mellorar.
As nosas rapazas do equipo Alevín Femenino tamén tiñan un choque moi complicado fronte a Carmelitas. Peseá dificultade do partido o equipo saíu a por todas e foi que de dominar no marcador o primeiro cuarto e de aguantar o segundo. Pero a partir de ahí o maior poderío físico impúxose e xa non tivemos ningunha opción. De todos xeitos, as nosas guerreiras non se rendiron e foron capaces de gañar o último cuarto, o que deixa as claras a ambición e as gañas que lle poñen as nosas xogadoras.
- APIs de Blogue
