MAGNÍFICA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Moi boa a fin de semana para os nosos equipos, xa que os tres lograron a victoria nos seus partidos. É a primeira vez que ocorre isto no que vai de tempada, ou sexa que estamos de noraboa.

O equipo dos máis peques, o Benxamín Mixto, vencía ó equipo das Franciscanas por un resultado de 21-31, conseguindo así a primeira victoria da tempada. Foi un partido moi igualado, e aínda que sempre fumos por diante no marcador, o partido non se decidiu ata o último no cuarto no que os nosos pequenos conseguiron varias canastas seguidas despois dunhas moi boas defensas.Da gusto ver a estos cativ@s, como xogan en equipo, o que loitan e o que melloran cada día. Temos garantido o futuro sen nengún tipo de dúbida.

O equipo Alevín masculino derrotaba ao equipo de Santa María Maristas na súa pista cun marcador de 27 a 37. Foi un partido con moitas alternancias no marcador e con ventaxas moi pequenas para cada equipo. Entramos no derradeiro cuarto un punto por debaixo no marcador, pero un excelente periodo final no que conseguimos anotar 14 puntos e tan só recibir 3, grazas a una magnífica defensa colectiva, permitiunos sumar unha nova victoria. Hai que destacar que este partido xogámolo con 4 xogadores benxamíns, xa que tiñamos alguna baixa por enfermidade, o que lle da máis mérito á victoria acadada e o que ven a reflectir canto nos axudan, tanto neste equipo coma no alevín femenino @s xogador@s do equipo benxamín. Gran partido o dos nosos Alevíns, que souperon xogar moi ben os momentos difíciles ó final do partido cando nos xogabamos a victoria.

O equipo Alevín Femenino tamén conseguiu a victoria. Xogaba un difícil partido contra o equipo do Pabellón Femenino, e pese a que xa o venceramos dúas veces esta tempada, presentábase un partido moi complicado non só pola dificultade que supón xogar contra este equipo, senón tamén debido a baixa por enfermidade dalgunha das nosas xogadoras. O partido discorreu con moita igualdade durante os catro primeiros cuartos, aínda que sempre con ventaxas pequenas ao noso favor. Pero todo cambiou a partir do quinto periodo, e grazas á extraordinaria defensa, permitiunos roubar varios balóns en primeiras liñas de pase e conseguir canastas fáciles ao contrataque. Isto sumado ao dominio do rebote , que antes non o tiñamos, supuso ir aumentando pouco a pouco as ventaxas ata o 55-30 final. Destacar outra vez o gran partido de todas as xogadoras, incluídas as dúas benxamíns que ademáis foron capaces de anotar.