NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

A xornada, no que a resultados se refire, non foi demasiado positiva, pero as sensacións que deixaron os nosos equipos son moi positivas.

O que máis difícil o tiña era o equipo Alevín Masculino, que se enfrontaba ó líder, Bosco Salesianos, que conta todolos seus partidos por victorias. Apañamos unha abultada derrota, pero o noso equipo non baixou os brazos en todo o partido e foi quen de en certos momentos, ensinar un xogo vistoso e rápido  que nos permitiu anotar varias canastas. 

O equipo benxamín tiña un rival complicado, o ABO, situado nos postos altos da clasificación. Competimos moi ben todo o partido, incluso chegamos ir por diante no marcador no cuarto periodo. Pero os dos últimos non estivemos nada acertados en ataque, e perdimos moitos pases que se transformaron en canastas fáciles do equipo rival, o que lles permitiu escaparse no marcador e sentenciar o encontro. Pese a derrota, do partido pódense extraer cousas moi positivas, e outras nas que debemos traballar, para melloralas.

O equipo Alevín femenino tamén tiña un partido durísimo contra Allariz, un equipo que practica un moi bo baloncesto e que na primeira volta derrotáranos por 52 puntos.

O choque comezou moi igualado, con dous equipos practicando unhas defensas moi duras, o que facía moi difícil o conseguir anotar. A partires do terceiro cuarto, as locáis atoparon a forma de romper a nosa defensa e lograron obter unha diferenza de 27 puntos, que parecía que sentenciaría o choque, e que o resultado final, pareceríase o do anterior partido, pero o equipo non se rendiu e de novo a base de casta, gañas e tamén de 8 minutos dunha inmellorable defensa e de rapidísimos ataques nos que conseguimos canastas sinxelas, conseguimos no quinto cuarto un parcial de 0-16, que nos deixaba ás portas do último periodo a tan só 11 puntos, e ca sensación de poder darlle un susto ó equipo local. Non puido ser e perdemos o partido por 12 puntos, pero a verdade é que para nos foi como se o gañásemos. Ser capaces de competir con este equipo, reforza e de que xeito a nosa moral e nos da, se cadra máis forzas aínda para seguir traballando duro.