CIENCIA E NATUREZA. 5º e 6º PRIMARIA

O martes 10 de marzo os alumnos de 5º de Primaria, visitamos a Aula da Natureza de Oira para saber máis sobre Ciencia e Natureza.

Cando pensamos na ciencia tendemos a identificala con experimentos espectaculares ou con complexas teorías só ao alcance dunhas poucas mentes privilexiadas. Pero, en realidade a ciencia é simple: trata de observar, facer preguntas e buscar respostas... algo que os nenos e nenas facemos constantemente de xeito natural... Mirade o ben que o pasamos [+Imaxes]