XORNADA PARA AS NOSAS ALEVÍNS
Esta pasada fin de semana tan só disputaron partido as nosas rapazas do Alevín Feminino. Viaxaron a terras alaricanas para enfrontarse o equipo de Allariz. O certo é que non estivemos ben e quizais fose o peor partido do ano, pero isto non empaña a extraordinaria tempada que están a facer, moi por encima dos obxetivos iniciais.
Dende o inicio estiveron moi imprecisas e inseguras, cometendo moitos erros nos pases e defendendo sen a intensidade doutros partidos. Tan só nos dous derradeiros periodos, logramos facer mellor as cousas, defender con mais intensidade, mover con criterio o balón...
O próximo partido será en Vigo, fronte o Celta no Pavillón de Navia.
»
- APIs de Blogue
