NOVA XORNADA PARA AS NOSAS GUERREIRAS
Esta pasada fin de semana tan só xogou o noso equipo Alevín Feminino, xa que nas outras categorías tocaba xornada de descanso.
As nosas xogadoras disputaban o segundo partido correspondente á segunda volta da Liga Galega Minibasquet Feminina, contra o equipo de Allariz. Na miña opinión foi con moito o peor partido da tempada, saímos moi frías, despistadas e cometendo moitos erros impropios das nosas xogadoras, non fomos capaces de dar mais de dous pases seguidos, permitiamos contraataques con demasiada facilidade ... Nos derradeiros dous cuartos cambiamos o chip, e o equipo comezou a facer todo moito mellor, circulamos o balón con facilidade, defendimos xa, con outra agresividade e intensidade, e gracias a iso rematamos o encontro con mellores sensacións.
Pese ao mal partido,non se lle pode reprochar nada as nosas xogadoras, xa que un mal momento non pode empañar unha magnífica tempada, na que os obxetivos iniciais, superáronse con creces e a progresión mostrada por todas, individualmente e en equipo, é moi positiva e fai pensar con moito optimismo no futuro.
O próximo partido toca desprazamento a Vigo para xogar fronte o Celta no pavillón de Navia, o vindeiro sábado a partir das 12:00h.
- APIs de Blogue
