NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Esta pasada fin de semana disputaron encontros os tres equipos, con resultados distintos, pero todos con boísimas sensacións.

O equipo Alevín Feminino xogaba en Vigo fronte o equipo do Celta. Unha xornada mais, tivemos que subir xogadoras do equipo benxamín, xa que seguimos con baixas, por diversos motivos. Despois das malas sensación cas que saímos do partido da última xornada, estaba convencido de que as nosas guerreiras estaba preparadas, pese a dificultade do partido, para demostrar que saben facer ben as cousas e que teñen unhas gañas de mellorar extraordinarias.

O partido non puido comezar mellor e cunha defensa moi agresiva, conseguimos que non anotaran nos catro primeiros minutos. En ataque saíamos da súa presión con facilidade e movíamos o balón con moita fluidez. O remate deste cuarto 13-5 , e cunhas sensacións moi positivas, competindo de ti a ti cu auténtico equipazo. Os seguintes cuartos fixéronsenos moi longos, o non estar acostumados a xogar a pista grande , pásanos factura nestes partidos. No derradeiro cuarto sacamos ese orgullo que nos caracteriza e fomos capaces de gañalo 2-10.

Dende aquí felicitar as rapazas pola partido feito, e animalas a seguir traballando nesta liña, que é a que nos permitirá seguir mellorando.

O equipo Benxamín Mixto tiña un partido moi duro, fronte o líder invicto, O Bosco Salesianos, que xa nos vencera por moita diferenza no partido da primeira volta. O resultado foi moi parecido, pero a melloría experimentada foi enorme, tanto en aspectos defensivos coma en ofensivos. A progresión destos rapaces é enorme !!!!!

O equipo Alevín Masculino, pese as baixas de dous xogadores e ter que bubir a algún benxamín mais, conseguiu unha nova victoria, esta vez fronte ao equipo de Santa María. Foi un partido que sin ter unhas ventaxas moi amplas, fomos sempre por diante no marcador e en ningún momento perigou o resultado.

A victoria debeuse en gran medida á forte defensa, ao dominio do rebote e a ser moi solidarios en ataque, buscando sempre a mellor opción de finalizar, atopando sempre a un compañeiro mellor situado.

Noraboa por esta nova victoria, que xa a necesitabamos, despois dunha serie de derrotas, que nalgún caso non se deberan haber colleitado.