NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Presentábase unha xornada moi difícil para os tres equipos, xa que disputaban os seus partidos fronte a rivais moi superiores.

O equipo Alevín Masculino caía derrotado fronte o líder, o equipo do Bosco, que non nos deu ningunha opción e xa dende os primeiros cuartos rompeu o partido. Pese a todo, o equipo, cheo de xogadores benxamíns, loitou durante todo o partido e non baixou os brazos en ningún momento, pese a diferenza no marcador.

O equipo Benxamín Mixto, tamén tiña un encontro moi complicado fronte o equipo de Allariz, un dos mellores equipos da categoría. O partido non tivo historia xa dende o principio xa que acadaron unha ampla ventaxa no marcador e pouco a pouco foio crecendo. Pero este equipo ten algo moi, moi positivo, é que sigue traballando e intentando facer as cousas que se adestran sen importarlles o resultado, entón sempre se poden extraer cousas que lle han de servir no futuro.

O equipo Alevín Feminino recibía a visita do segundo clasificado, Seis do Nadal, que pese ós esforzos das nosas xogadoras e de facer uns moi bos tres cuartos iniciais, a diferenza física entre os dous equipos, con 4 xogadoras por riba do 1,70, fixo imposible un mellor resultado. Quizais as nosas guerreiras disputaron neste partido os tres mellores cuartos da tempada, competindo moi ben cun equipo moi superior.