DERRADEIROS PARTIDOS DA TEMPADA PARA O EQUIPO BENXAMÍN MIXTO

Esta semana tocáballe o turno ao equipo Benxamín Mixto a disputa da Copa Diputación. Celebrouse durante a xornada do sábado en Maceda. O primeiro partido tocounos enfrontarnos ó equipo de San José Pabellón Negro. A verdade é que este ano perderamos os dous partidos que xogaramos contra eles, aínda que o último fora moi igualado, polo que se presentaba un partido moi complicado. Dende o principio o noso equipo foi capaz de parar os seus mellores xogadores cunha excelente defensa, e en ataque fommos capaces de mover moi rápido o balón buscando sempre a mellor opción. Despois de que o partido fora moi igualado nos dous primeiros cuartos, a partires do terceiro, comezamos a coller unha ventaxa, que non parou de medrar en todo o partido ata chegar o 56-33 final.

Na semifinal tocounos o equipo de San José Pabellón Blanco, que tamén nos derrotara nos dous enfrentamentos de Liga por unha distancia considerable. O noso equipo saíu motivadísimo, ca intención de poñer o equipo rival en moitos apuros xa dende o comezo. E así foi, grazas a unha intensísima defensa, a dominar o rebote e a ser moi solidarios en ataque, conseguimos que o partido fora en todo momento moi igualado, nunca deixando que o equipo contrario se escapase no marcador. Tan só no último cuarto colleron unha ventaxe de 6 - 8 puntos que xa non puidemos recortar.

Pese a derrota destacar os magníficos encontros que disputaron os nosos peques, e o moito que nos fixeron disfrutar.