TORNEO DÍA DO MINIBASQUET

Este sábado e por terceiro ano consecutivo @s xogadores dos nosos equipos viaxarán a Santiago para disputar o XII día Autonómino do Minibásquet, organizado pola Federación Galega de Baloncesto coa colaboración do Correo Galego e outras empresas públicas e privadas.

A saída está programada as 08:00 h dende o Pavillón dos Remedios e a chegada as 21:30 h aproximadamente, ó mesmo lugar.

Os nosos equipos disputarán dous encontros cada un, aínda que o de menos é o resultado, o mais importante é a convivencia entre todos e co resto de rapaces que acudirán a esta cita, aproximadamente uns 1.400 de toda Galicia.

A demais dos partidos, algúns disputarán probas de habilidade, de tiro, e ó longo do día participarán en xogos nos que poderán obter uns tíckets que logo poderán trocar por distintos premios.

Eu espero que sexa un día cargado de bos momentos, que o disfruten ó máximo e que sexa un deses recordos que lembren durante moito tempo.