Copa Diputacíon Alevín Femenino.
Esta pasada fin de semana disputouse en Allariz a Copa Diputación Alevín Femenina.
O noso equipo enfrontábase en 1/4 de final ao equipo de Xinzo. Dende o comezo o noso equipo mostrouse moi superior, e cunha defensa presionante a toda pista, conseguíamos recuperar moitos balóns e anotar canastas sinxelas. O partido non tivo demasiada historia, xa que hai moita diferenza entre os dous equipos. O feito de que o partido estivera xa resolto, permitiunos que todas as xogadoras xogaran o mesmo, descansando así para o partido de semifinais e tamén para probar cousas novas que víramos durante os entrenamentos das últimas semanas.
No partido de semifinais, o rival foi Carmelitas, co que xa xogamos unhas cuantas veces esta tempada.
No primeiro cuarto grazas a unha defensa moi intensa a partires de medio campo, apretando liñas de pase e estando moi atentas nas axudas, non as deixamos xogar con comodidade e logramos que só anotaran 4 puntos. Nos pola contra, pese a fallar moitas canastas sinxelas, conseguimos anotar 9 puntos. Os dous seguintes cuartos, foron totalmente opostos ao primeiro, e foron dominados completamente por Carmelitas. Pero despois do descanso o noso equipo volveu a xogar moi duro e a conseguir boas situacións de canasta fácil movendo moi ben o balon e comezamos a reducir as diferenzas. Grazas a un magnífico, de novo, derradeiro periodo, no que conseguimos un parcial de 20-5, logramos rematar o partido cunhas boísimas sensacións, e ca certeza de que estamos a traballar no bo camiño, xa que cada partido competimos mellor cos equipos en teoría superiores.
- APIs de Blogue
