TORNEO DIVINO MAESTRO FIN DE TEMPADA
O pasado venres día 19, e como fin desta exitosa tempada, xuntámonos todos os xogadores dos distintos equipos do club, e algún xogador invitado mais, para disfrutar dunha tarde de baloncesto.
Os mais cativos, os nosos xogadores benxamíns, disputaron dous partidos divididos en dous equipos, demostrandotodo o aprendido durante a tempada, e deixando claro, que temos unha moi boa canteira, que de seguro no futuro dará moito que falar.
Os xogadores alevíns, dividíronse en seis equipos, e xogaron co sistema do "rei de pista".
A idea desta xuntanza era a de pasar un rato agradable todos xuntos, e disfrutar deste maravilloso deporte, sen importar os resultados dos encontros, simplemente "XOGAR".
Entre medias disputaron un partido algúns pais xunto co adestrador, a modo de exhibición.
Penso que nas tres horas e media que pasamos todos xuntos, disfrutamos moitísimo tanto pais coma os alumnos, polo que seguro que se repite a experiencia na seguinte tempada.
Tan só me queda darlle as gracias a todos os pais pola súa colaboración e implicación durante toda a tempada, por confiar neste clube para a formación deportiva dos seus fillos e prometerlles a máxima implicación pola nosa parte, para que este humilde clube non deixe de medrar e poder ofrecerlle ós seus fillos o mellor.
Unha grande aperta a todos e FELIZ VERÁN.
- APIs de Blogue
