Inicio da competición

Esta próxima fin de semana darán comezo os partidos nas distintas ligas nas que compiten todos os nosos equipos.

Este ano o noso clube conta con case 50 xogador@s distribuídos en cinco equipos : infantil femenino, infantil masculino, alevín femenino, alevín masculino e benxamín mixto. Esta é a primeira tempada que o noso clube conta con equipos que non pertencen a categoría de minibásquet e ademais é na que mais equipos e xogador@s temos, dende a súa creación no ano 2010.

Como cada tempada,dende esta sección informarémoslle dos resultados dos nosos equipos e dun pequeno comentario do que aconteceu en cada partido.

Tamén poden seguir os resultados, poucos minutos despois de finalizar cada encontro en twitter, na seguinte dirección : @clubdepordima, e proximamente nun perfil de facebook.

En próximas datas crearase unha nova páxina web na que se informarán de todos os deportes do Clube Depordima, e en especial do Baloncesto, deporte maioritario no noso colexio.