1ª XORNADA DOS NOSOS EQUIPOS
Por fin deu comezo a tempada, e os nosos equipos comezaron a competir. De seguido déixovos as crónicas escritas polos distintos adestradores:
ALEVÍN FEMENINO:
Esta fin de semana,e tras case un mes afinando os instrumentos e ensaiando as coreografías, as nosas rapazas alevíns ofrecéronnos o seu primeiro concerto na pista do Pavillón Municipal de Barbadás.¡¡ Que ben soaban os nosos instrumentos, como os interpretan as nosas rapazas!!
En fronte tiñamos un grupo con boas xogadoras e ben dirixido ( Clube Maristas). Pero as nosas xogadoras plantáronlle cara e loitaron duro durante todo o encontro, para conseguir gañar o concurso en base a unha grande interpretación de cada unha individualmente e do grupo no seu conxunto.
O de menos é o resultado, o mellor o ben que o pasaron e como nos divertimos vendo coma nos animavades dende a grada.
Esperamos que as nosas coreografías gustáranvos e que poidamos contar co voso ánimo e axuda para o noso concerto no nosos pavillón.
ALEVÍN MASCULINO:
O sábado disputouse o encontro dos nosos alevíns fronte o equipo CB Allariz.
O partido comezou con gañas por ambas partes, pero tamén con moitos nervos xa que era a primeira xornada de liga.
O noso equipo sempredando a cara e os alaricanos tan só puideron irse no marcador con pequenos parciais en cada cuarto.
Agradecer a Salesianos a boa organización da concentración e o trato recibido.
INFANTIL MASCULINO :
Tamén o sábado disputou o seu partido o noso equipo infantil masculino, o primeiro nesta categoría na historia do clube. A historia foi ben diferente a do partido alevín masculino, xa que dende o principio notárose grandes diferenzas entre os dous equipos, o que fixo imposible para o noso equipo entrar no partido.
O equipo de Carmelitas mostrouse moi superior dende o primeiro minuto do partido.
Agradecer ó equipo local a súa amabilidade e o trato recibido.
BENXAMÍN MIXTO :
Tras un comezo de partido na que os dous equipos mantiveron o marcador a 0, pronto os peques do noso clube quentaron motores adiantándose no marcador con un moi bo segundo período.
A partir de ahí o partido estivo moi igualado, pero os nosos benxamíns souperon aproveitar moitos rebotes cerca do aro para levarse a primeira victoria da tempada. Victoria na que todos participaron e demostraron que con gañas e traballo este grupo pode medrar moito.
INFANTIL FEMENINO:
O partido presentábase como un dos mais difíciles da tempada, pola dificultade do riva, e así foi. O equipo rival mostrouse moi superior ó noso, pero sobre todo a diferenza evidenciouse cando no equipo contrario estaban na pista as xogadoras de segundo ano, cando na pista estiveron as da mesma idade cas nosas competiuse moi ben.
Agora toca seguir traballando moi duro para afrontar os catro partidos que nos restan desta fase e conseguir o obxetivo, que non e outro que quedar entre os tres primeiros clasificados do noso grupo e xogar a segunda fase cos mellores equipos.
- APIs de Blogue
