2ª XORNADA DOS NOSOS EQUIPOS

Esta pasada xornada os nosos equipos infantil masculino e femenino tiveron xornada de descanso e tan só houbo partidos dos nosos equipos de minibásquet.

O equipo benxamín mixto disputaba o seu primeiro partido na casa e colleitou a súa primeira derrota contra un rival moi difícil, Blanco Amor EDO Couto. Dende o primeiro momento o equipo visitante aproveitou a súa clara superioridade para pór terra de por medio no marcador. Os nosos pequenos loitaron ata o final a pesar de que o tanteo pechouse ó final do tercer periodo cun 16-66 a favor dos visitantes.

Tiro interior, tiro exterior, rebote e rápidos contraataques, por parte dos visitantes fixeron que todos deixaramosos folgos na cancha sen poder evitar a derrota. Sen dúbida, un encontro para quedarnos con iso, as gañas e o esforzo de todos e cada un dos nosos xogadores. Todos e todas xogaron e loitaron por igual, demostrando que incluso nos momentos difíciles son un gran equipo que quere disfrutar do deporte.

Noraboa para o EDO Couto, grandes merecedores da victoria!!!E a seguir traballando rapaces!!!

O equipo alevín masculino: CARMELITAS 33 - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS 41

Este sábado disputouse en Allariz o encontro entre os nosos alevíns e o equipo de Carmelitas.

O partido foi moi parexo durante todos os cuartos e só se decidiu por pequenos parciais illados. 

A diferenza do final , foi a maior que houbo durante todo o partido , o que reflicte a igualdade mencionada anteriormente. 

Aínda que moi contentos pola importante victoria colleitada, agardamos seguir mellorando nos seguintes encontros.

A MÚSICA SIGUE SOANDO

Esta fin de semana as nosas rapazas do equipo Alevín femenino tiñan un complicado encontro frente a un rival moi forte, Carmelitas, un grupo moi compacto, con moi boas xogadoras e moi motivadas por conseguir derrpotar ó seu antigo adestrador.

O encontro foi moi duro dende o salto inicial. As nosas rapazas desenrolaron todo o seu talento na pista, pero este non foi suficiente para gañar o encontro.  Aínda así , tod@s saímos moi contentos do mesmo, porque demos todo o levabamos dentro e non baixamos os brazos en ningún intre do mesmo.

Non foi suficiente para acadar a victoria, pero seguimos traballando para mellorar e en vindeiras citas , lograr desenrolar un mellor xogo.

VAMOS EQUIPO !!!!