NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS
Esta semana disputaron todos os equipos do club os seus partidos fora da casa, excepto o equipo alevín femenino que lle tocou descansar.
Alevín Masculino : Salesianos Bosco Blanco - Divino Maestro Reale Seguros : 80-30
Esta fin de semana o noso equipo alevín atopouse a un moi bo conxuntocun nivel de xogo moi alto. Os nosos comezaron un pouco blandos en defensa, cousa que Salesianos aproveitou para escaparse no marcador. A partires dese intrea diferenza no marcador foise ampliando pero mais a modiño. Traballeremos moito estas dúas semanas para encarar o último partido da primeira fase, contra Maside e intentar acadar unha nova victoria.
Infantil Masculino : CB Maside - Divino Maestro Reale Seguros : 55-50
O partido mais igualado que tivo o noso equipo ata a data. Os nosos rapaces do infantil, comezaron con moitas ganas e iso notouse no marcador ó final do primeiro cuarto, cun resultado favorable de 11-20.
As distancias foron "facendo a goma"ata que rematou a gasolina dos nosos 7 valentes. Os locais acercáronse no marcador ao final do terceiro cuarto, para poñerse por diante a falta de catro minutos para ó final.
Unha magoa non poder contar cunha rotación mais ampla para dar descanso os demais xogadores.
Benxamín Mixto : Divino Maestro Friavanso - Franciscanas Mixto : 11-54
Amencía este domingo de partido e o noso equipo benxamín chegaba á súa cita coa liga, facendo fronte ó frío ourensán. Na cancha de Salesianos atopámonos diante dun gran equipo, Franciscanas Mixto, xusto e claro vencedor do partido.
O comezo do partido foi moi duro, Franciscanas comezou cunha forte defensa a todo campo que facía moi difícil achegarse ó aro rival. Sen embargo, os nosos peques foron collendo pouco a pouco ritmo de partido, levantando a cabeza e situándose mellor en defensa. Así tras dous cuartos sen poder anotar, todo foi a mais, logrando incluso gañar o quinto periodo cun meritorio traballo de grupo.
ó final 11-54 para Franciscanas, e unha gran noraboa para ambos equipos. Debemos estar moi orgullosos dos nosos rapaces e rapazas, xa que a pesar de verse nun partido moi complicado, non se viñeron abaixo en ningún momento, senón que sempre mantiveron a ilusión que os caracteriza e iso notouse nunha clara evolución do primeiro ó último minuto.
Infantil Feminino : CB Maside - Divino Maestro Ourense Rótulos : 21 -59
Á terceira foi a vencida e as nosas rapazas lograron a primeira victoria da tempada e a primeira que consigue un equipo infantil na historia do noso clube.
O inicio foi moi frío por parte das nosas xogadoras, ó igual que a temperatura no pavillón. Pero a partires do minuto catro, comezaron a entrar en calor, e despois dunhas boas defensas puxémonos por diante no marcador e a partir de ahí as diferenzas foron medrando en cada cuarto.
O equipo mostrou unha gran intensidade defensiva durante os 40 minutos, aínda que hai certos aspectos que é necesario seguir a traballar. Ofensivamente non erramos cousas tan sinxelas como nos partidos anteriores , pero debemos seguir traballando a circulación do balón e a movilidade das xogadoras sen balón.
Contentos ca victoria, pero precisamos mellorar moitas cousas.
O vindeiro fin de semana por mor da ponte da Constitución , non haberá competicións en ningunha categoría.
- APIs de Blogue
