DERRADEIROS PARTIDOS DO ANO PARA OS NOSOS EQUIPOS INFANTIS

    Despois de rematar os equipos de minibásquet a semana pasada a primeira fase da súa competición, esta fin de semana tan só tiveron xornada os equipos de categoría infantil.

    O equipo Infantil Masculino perdía na visita o equipo de Maristas por un resultado de 59-8

    Non foi demasiado bo o partido disputado o último fin de semana do ano. O partido non comezou moi ben para os nosos intereses, xa que moi cedo tivemos problemas de lesións nalgunhos xogadores debido a distintas contusións recibidas. Este feito limitounos o resto do partido a nivel físico e a nivel de intensidade tamén. 

    Ó final un resultado abultado en contra. Intentaremos comezar o próximo ano con mais gañas e ca idea de seguir mellorando de cara a cumprir os nosos obxetivos na segunda fase.

    O equipo infantil feminino disputou o seu derradeiro partido da primeira volta desta primeira fase na pista de Maceda, ca intención de lograr a terceira victoria consecutiva.

    A verdade e que pese a victoria cun resultado final de 21-58, non foi nada doado debido a mala primeira parte que fixo o noso equipo, con moi pouca intensidade e con moitos erros tanto en ataque coma en defensa. O resultado o descanso 14-20 , indicaba claramente a relaxación ca que se afrontou o partido.

    Pero o descanso e o paso polos vestiarios sentáronlle moi ben o noso equipo, e produciuse un cambio de actitude radical e o parcial de 0-24 nese terceiro período, reflexabao claramente. No derradeiro cuarto a ventaxa seguiu medrando, grazas a unha boa defensa e a rápidas transicións, que nos permitían conseguir canastas sinxelas sempre con superioridade.

    O mellor sen dúbida ademais do resultado , o cambio de actitude amosada polo equipo despois do descanso-

    Con esta victoria conseguimos practicamente a clasificación para disputar a segunda fase no grupo dos seis mellores equipos, os tres primeiros de cada grupo.