NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

BENXAMÍN MIXTO : Divino Maestro Friavanso - Carmelitas 2006 :56-24

Voltou a época dos partidos tra-o parón de Nadal. Para comezar as xornadas do novo ano enfrontabámonos ó conxunto de Carmelitas 2006. O partido non comezou demasiado ben para os nosos rapaces, xa que ó final do primeiro cuarto , estabamos por debaixo no marcador por un resultado de 6-8. Pero non durou moito esta situación, pois a partir do segundo cuarto as tornas cambiaron e os benxamíns conseguiron dar a volta ó tanteo mediante rápidos contraataques e presión na defensa dos saques contrarios.

Finalmente o Divino Maestro venceu por 56-24, pero o mais importante foi ver a ilusión dos rapaces e as gañas coas que voltaron das vacacións. PARABÉNS !!!!!

ALEVÍN FEMENINO : EDO BARBADÁS - DIVINO MAESTRO TIAGO CALEFACCIÓN : 19-58

Este sábado ás 12:30 h, disputamos novamente na nosa cancha, o segundo partido correspondente á nova fase de liga na que nos encontramos inmersos.

O noso rival foi un voluntarioso e lotador EDO BARBADÁS. As nosas rapazas desenrolaron un xogo rápido e fluído acode co entrenado durante toda a semana, o que nos levou a unha nova victoria. Se ben o menos importante foi esta victoria, senón a posibilidade que tiveron as nosas xogadoras mais noveles de tomar responsabilidades disputando un maior número de minutos do habitual.

É de reseñar a gran labor das dúas xogadoras benxamíns, Sara e Elena, que nos levan axudando toda a tempada tanto en adestramentos, coma en partidos e que brilan con luz propia en encontros coma este.

VAMOS EQUIPO !!!!

ALEVÍN MASCULINO : ALLARIZ - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS . 67-23

Partido xogado este sábado pola mañá na vila de Allariz. Un partido que en principio supoñíase que ía ser competido, convertiuse rapidamente nun partido de cara para o clube local. Os nosos nenos saíron moi despistados e o equipo local aproveitouno para irse no marcador.  A partir de ahí as distancias seguiron aumentando ata o marcador final.

Agardamos dar unha mellor imaxe nos vindeiros partidos.

INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - CARMELITAS : 36-85

Este partido disputado na mañá do domingo demostrou un gran avance na progresión do noso equipo. 

Na primeira volta fronte o mesmo rival, só conseguimos anotar 6 puntos en todo o partido, e neste, anotamos 36 e conseguimos evitar o peche do marcador . A nivel baloncestístico, houbo momentos de bo xogo en ataque por parte dos nosos, dando unha moi boa imaxe e competitividade por anacos.

INFANTIL FEMININO : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - C. CARMELITAS : 15-65

A progresión experimentada polo equipo , reflectiuse neste partido, no que as nosas xogadoras, pese ó resultado final, ofreceron unha moi boa imaxe durante todo o encontro.

Por momentos practicamos un xogo ofensivo moi dinámico, cun movemento rápido do balón, e en defensa subindo o nivel defensivo, non só apretando as liñas de pase, se non tamén , estando mais atentas nas axudas.

O inicio do partido foi moi igualado e os 5 min no marcador víase un 4-6 para as visitantes. Nese intre o adestrador local deu entrada as xogadoras de segundo ano e as diferenzas comezaron a crecer. As nosas guerreiras nunca se rendiron, pero a diferenza de ritmo de xogo cada vez era mais evidente debido o cansanzo das nosas, e debido a iso o partido quedaba listo para sentenza.

Na segunda parde os continuos dous contra un, cos que o rival nos esperaba no primeiro pase pasado medio campo, provocounos moitas perdas de balón e contraataques moi fáciles que facían que no terceiro cuarto pecharan o marcador.

Esa situación non nos desanimou e continuamos intentando facer o noso xogo ata o final do partido.

Agora a preparar o seguinte partido, no que nos xogamos a segunda plaza do grupo.