NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS
Moi boa xornada para os nosos equipos, e non só polos resultados acadados, 4 victorias en 5 partidos, senón pola progresión que demostran os xogadores individualmente e todos os equipos.
INFANTIL MASCULINO : BLANCO AMOR EL CARMEN - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 60 - 30
O partido disputouse o sábado as 10:00 h da mañá no pavillón do I.E.S Blanco Amor. O partido pódese dividir en dúas partes ben diferenciadas.
Unha primeira antes do descanso, na que o noso equipo mantívose no partido e no marcador , chegando ó final da primeira parte cun axustado 26-22. e unha segunda parte na que houbo unha desconexión total , que produciu que o equipo local escapara no marcador ata a diferenza final de 30 puntos. Aínda así, debemos quedarnos coa boa imaxe mostrada nos dous primeiros cuartos, que indican unha grande melloría e progresión dos nosos.
ALEVÍN MASCULINO : VAL DE LEMOS - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 50-51
O partido disputouse o domingo pola mañá na vila de Monforte e ó igual que o partido infantil, este encontro tamén tivo dúas partes ben dierenciadas, separadas polo tempo de lecer. Os tres primeiros cuartos foron domiñados fundamentalmente polo equipo local, aproveitando a gran altura dos seus xogadores. Na segunda metade, os nosos xogadores subiron o nivel de intensidade, cunha alta presión, que facilitou moitas canastas fáciles ó contraataque, feito que se mantivo ata o final do partido ata anotar a canasta gañadora.
Moito mérito ten este equipo, xa que case a metade dos seus xogadores están aínda en idade benxamín. Noraboa ós xogadores e os seus adestradores.
ALEVÍN FEMININO : DIVINO MAESTRO TIAGO CALEFACCIÓN - MARISTAS AGUA DE SOUSAS : 38-34
EDO PRÁCTICAS - DIVINO MAESTRO TIAGO CALEFACCIÓN : 21-56
Esta pasada fin de semana o noso equipo disputou unha doble xornada competitiva.
O pasado xoves xogaron un disputado partido contra o equipo de Maristas ,na pista do noso colexio.
O partido foi moi competido a as nosas pupilas tiveron que dar o mellor de si, e o máximo esforzo para acabar cun marcador axustado de 38-34, que da idea da igualdade existente e do competido que foi.
O sábado pola mañá , disputamos o segundo partido, neste caso no Pavillón Municipal de Barbadás, contra un rival xa coñecido, EDO Prácticas. Neste partido as nosas xogadoras benxamíns así como as alevíns de primeiro ano , puideron disfrutar dun gran número de minutos e demostrar os progresos que van acadando a base de esforzo e tesón.
Con todo isto e o apoio das xogadoras de segundo ano, que sempre dan a cara e non escatiman esforzos , logramos unha nova victoria por 21-56.
VAMOS EQUIPO !!!!
INFANTIL FEMININO : CARMELITAS VEDRUNA - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 49-50
Ó igual que no partido da primeira volta o partido se decidiu nos derradeiros intres do último cuarto, pero a diferenza dese primeiro partido, esta vez nós, fomos os que logramos unha merecida victoria.
Debido as baixas de Uxía e Nerea por lesión, de Raquel por motivos persoais e ca man esquerda de Paula inflamada, presentabámonos con sete xogadoras dispoñibles mais a presenza de Lucía, xogadora do alevín.
Os nervios iniciais provocaron nos dous equipos moitos erros en tiros cómodos e iso provocou unha anotación moi baixa en ámbolos conxuntos.
No segundo cuarto non mellorou a cousa para o noso equipo, feito que aproveitaron as locais para escaparse por 9 puntos a tres minutos do descanso. Pero tras un tempo morto, un parcial de 0-6,culminado cunha canasta de Alba sobre a bocina, tras rebote ofensivo,provocou que nos fóramos o decanso cun resultado moi igualado.
Na segunda parte ,por fin , as nosas xogadoras soltáronse en ataque e iso unido a unha maior intensidade defensiva, provocou que nos puxéramos por diante no marcador e ca sensación de que o partido estaba mais preto de caer para o noso lado.
No último cuarto a igualdade no marcador foi unha constante, e chegamos os últimos segundos un punto por debaixo. Pero dous tiros libres anotados por Claudia e unha excelente última defensa na que recuperamos o balón, permitíronnos gañar o partido.
Destacar a gran labor de todas as xogadoras e a alta porcentaxe no lanzamento de tiros libres, unha das claves desta nova victoria.
- APIs de Blogue
