NOVA XORNADA PARA OS EQUIPOS DO NOSO CLUB
BENXAMÍN MIXTO : Salesianos Amarillo - Divino Maestro Friavanso : 38-49
Que maneira de comezar o mes de febreiro!!!Emocionante partido e cunha nova victoria. No partido disputado este pasado mércores na pista de Salesianos, o equipo benxamín comezou gañando cun gran primeiro cuarto. Sen embargo, pronto a diferenza de 20 puntos viuse reducida, pois o equipo contrario reaccionou moi forte xa nos primeiros minutos do segundo cuarto.
Vimos a partir dese momento un partido moi igualado e reñido. Ó noso equipo costoulle moito frenar os ataques contrarios e sufrimos moito para poder manter a ventaxa no marcador.
Finalmente e a pesar do cansanzo, un último e meritorio esforzo no derradeiro cuarto , volveunos a dar unha certa ventaxa e así levarnos unha nova victoria cun marcador de 38-49.
Noraboa ós dous equipos polo esforzo e o bo traballo.
BENXAMÍN MIXTO : Divino Maestro Friavanso - EDO Barbadás : 21-50
No segundo partido desta xornada disputado no noso pavillón , nada puidemos facer para gañar ó equipo rival. A pesar de comezar cun primeiro cuarto igualado, no que o noso equipo aguantou o tanteo cun 2-0 inicial, foi nada mais comezar o segundo período , cando o equipo contrario se despegou no marcador demostrando a súa superioridade.
Un equipo moi ben plantado, cunha defensa moi forte en medio campo, notábase que o grupo levaba varios anos adestrando xuntos. Sen embargo, os nosos peques non baixaron a cabeza e demostraron que queren seguir crecendo, vencendon nun meritorio cuarto. Finalmente 21-50 a favor do equipo de Barbadás.
A seguir traballando!!!
ALEVÍN MASCULINO : Divino Maestro Reale Seguros - A.B. XINZO : 63-55
Nova victoria para os nosos alevíns. Esta vez no noso pavillón, fronte a un moi bo conxunto como é o equipo de Xinzo.
O partido mantívose sempre moi igualado, sen diferenzas abultadas no marcador ata o derradeiro sexto , no que os nosos impuxéronse grazas a un parcial de 18-8 a favor, para adiantarse no marcador e levarse o partido.
Pese a diferenza física existente entre os dous equipos, o equipo rival conta con dous ou tres rapaces moi grandes, o noso equipo supliu esa desventaxe cunha moi intensa defensa e unhos ataques basados no movemento moi rápido do balón ata atopar situacións cómodas de tiro.
ALEVÍN MASCULINO : Xuventude Verín - Divino Maestro Reale Seguros : 47-62
Este domingo 14 de febreiro, o noso equipo alevín masculino disputou un intenso partido na pista de Salesianos ante un impoñente rival. Un equipo de rapaces e rapazas fisicamente moi superior ó noso, pero que os nosos pequenos guerrilleiros sacaron adiante cunha intensa defensa presionante a toda pista e cunha desinteresada entrega individual para axudarse entre eles e parar ós xogadores rivais en todo momento.
Dende a defensa e o sacrificio individual en prol dun obxectivo común , foron cimentando a victoria. Victoria á que contribuiu tamén un xogo en ataque solidario no que non dubidaron en dar ese pase extra para que un compañeiro puidese finalizar na mellor posición. Uns xogadores pasando e movéndose para recibir e finalizar nos cortes que lograban , e outros abertos para recibir cando a defensa se pechaba e rematar as xogadas con tiros de tres, non deron opcións ó rival en ningún intre do partido, indo sempre por diante no electrónico.
Estra traballada victoria todo o equipo e o corpo técnico accidental queren adicarlla ó seu adestrador , PABLO , quen por indisposición , non puido asistir ó encontro, a pesar de intentalo ata media hora antes do mesmo.
VAMOS EQUIPO !!!!
INFANTIL MASCULINO : Divino Maestro Reale Seguros - C.B. Maside : 60-67
Os nosos nenos volveron a caer nun partido igualado. O equipo competiu , pero parece que a sorte non está do lado dos nosos rapaces, xa que no único partido con opcións reais nesta primeira fase, a mala sorte cebouse cos nosos en forma de lesións e inconvintes.
De todos xeitos, o equipo soubo manterse no marcador, tendo oprtunidade de gañar ata o pitido final.
Esperamos nos vindeiros partidos e na segunda fase acadar a primeira victoria da tempada.
INFANTIL FEMININO : Divino Maestro Ourense Rótulos - C.B. Maside : 62-11
Moi bó partido das nosas xogadoras.
Xa dende os primeiros intres do encontro quedou clara a diferenza existente entre os dous equipos. A defensa presionante a toda pista permitíanos roubar moitos balóns e finalizar en accións de superioridade sempre.
A partires de ahí abandoamos a presión e optamos por probar outro tipo de defensa algo mais conservadora, pero non por iso menos intensa, probando cousas de cara os partidos da segunda fase.
Foi un día no que as xogadoras menos habituais, puideron xogar moitos minutos e demostrar que cada día están facendo méritos para poder xogar mais. Tamén destacar a boa actuación da nosa xogadora alevín Lucía Cid, que habitualmente nos axuda nos adestramentos e nos partidos.
Agora tócanos seguir traballando para seguir ca boa líña demostrada nos derradeiros partidos e para preparanos da mellor forma posible para a dura segunda fase que nos espera.
- APIs de Blogue
