NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS INFANTÍS

Esta xornada tan so disputaron partidos os nosos equipos infantís, xa que para os equipos de minibásquet había xornada de descanso.

INFANTIL MASCULINO: DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - CB MARISTAS : 31-77

O domingo pola mañá disputouse no noso campo o partido infantil masculino, correspondente aá derradeira xornada desta primeira fase.

Chegabamos por segunda semana consecutiva con moitas baixas por enfermidade, feito que non fixo que o equipo se dera por vencido en ningún momento.

Comezamos xogando moi ben tanto en ataque coma en defensa, sendo duros e movendo ben o balón. Aínda así, a superioridade física do equipo rival ,notouse, e remataron por escaparse no marcador.

A pesar do marcador, moi boas sensacións as que van saíndo deste equipo cara a segunda fase, que comeza agora e na que esperemos que os partidos sexan mais igualados.

INFANTIL FEMENINO:DIV. MAESTRO OURENSE RÓTULOS-ESC.DEP.MUN.MACEDA: 60-26 

Cuarta victoria consecutiva para as nosas guerreiras, pechando así unha moi boa primeira fase, na que rematamos na terceira posición do grupo cun balance de 7 victorias por tan só 3 derrotas e a 3 puntos da segunda plaza.

A próxima semana comezará xa a segunda volta e xogaremos no grupo dos mellores xunto cos tres mellores equipos do outro grupo.

O partido non tivo historia e cun parcial de 21-0 no primeiro cuarto o partido quedou visto para sentencia.Foi un bo partido para que todas as xogadoras xogaran mais ou menos os mesmos minutos e demostrando os progresos mostrados nos últimos adestramentos.