NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

BENXAMÍN MX : C.B. MASIDE - DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 9-43

Nova victoria para os peques do noso clube, nun partido no que os benxamíns dominaron o marcador dende o principio. 

Sen embargo ,non foi todo un camiño de rosas, xa que nalgún intre perdemos a concentración permitindo que o equipo contrario chegara con facilidade a canasta e sufrindo para ter o balón. Pero pronto os nosos rapaces e rapazas do Divino Maestro voltaron a poñer a carne no asador , demostrando que todos querían e podían aportar moitas cousas. 

En resumo, bo partido , no que nos quedamos cos bos detalles que amosan todos , e como van mellorando co paso das semanas . 

Hai que destacar que nesta segunda fase este equipo leva un balance de 4 partidos gañados e tan só 2 perdidos.

ALEVÍN FEMININO : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO : CLUB BALONCESTO XINZO : 70-22  

Este sábado as 12:30 h recibimos na nosa pista ó CB Xinzo, rival que na primeira fase da liga, privounos da posibilidade de xogar por conseguir unha das prazas para participar na Liga FGB Alevín Feminino.

As gañas de demostrar que aquel desafortunado sábado pola mañá en Xinzo fora un accidente, levounos a xogar cunha gran intensidade, o que nos permitiu gañar o encontro por unha diferenza de 48 puntosno electrónico e con mais facilidade da prevista inicialmente polos antecedentes.

Todas as nosas xogadoras, excepto a nosa benxamina, Sara , que non puido asistir ó encontropor estar convalecente dunha enfermidade, xogaron cun nivel de sacrificio e esforzo , que rozou o máximo de cada unha.

Esto ven a demostrar que o ÉXITO en grande medida depende dun factor multiplicador como é a ACTITUDE.

VAMOS EQUIPO !!!!

ALEVÍN MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - BOSCO SALESIANOS BLANCO : 14-64

Este fin de semana o noso equipo Alevín Masculino comezou a derradeira fase desta tempada, e faino disputandoa no grupo dos mellores equipos, despois dunha brilante fase de clasificación. O primeiro partido tocounos xogar co rival , en teoría, mais forte do grupo.

A diferenza plasmouse sobre o campo dende os primeiros minutos. A intensidade dos dous equipos foi similar, pero a superioridade física ,en xeral, dos visitantes foi a detonante e a razón principal do marcador final.

Cómpre destacar, sen querer xustificar a derrota, a ausencia de Jaime, peza clave do equipo, o que nos restou potencial.

INFANTIL MASCULINO : A.B.XINZO - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 64-51

Tamén para os nosos infantis comezou esta pasada fin de semana a segunda fase da competicíon, aínda que neste caso , o equipo non conseguiu clasificarse no grupo dos mellores.

Tamén ó igual que na categoría alevín, comezamos xogando co rival mais forte do grupo.  Aínda así, os nosos xogadores, estiveron a piques de acadar o que sería a primeira victoria da tempada.

O partido comezou moi igualado ata que no segundo cuarto, un parcial do equipo local, provocou que se escaparan no marcador.  Pero os nosos rapaces non se rendiron e souberon repoñerse , e imcluso adiantarse no marcador , mediado o terceiro cuarto. Ao final, no derradeiro período un parcial de 17-8 para os locais , rematou cas opcións de victoria. 

Moi boas sensacións as que nos deixou o equipo, que afontará os seguintes compromisos cunha boa moral despois do bo traballo realizado.

INFANTIL FEMENINO : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - PABELLÓN OURENSE : 42-83

Primeiro partido desta segunda fase na que as nosas guerreiras xogarán no grupo cos mellores equipos, que se disputarán unha plaza para xogar por ascender á 1ª División Infantil Feminina.

Este primeiro encontro disputabámolo contra o equipo do Pabellón, que demostrou estar neste intre moi por riba de nos. De todos xeitos o primeiro cuarto estivo moi igualado, ofrecendo as nosas xogadoras un xogo moi dinámico, cun rápido movemento do balón e con moita intensidade defensiva. No segundo cuarto o rival subiu a súa intensidade defensiva, e iso sumado ó maior nivel físico, fixo que as diferenzas comezaran a medrar. As nosas xogadoras, pese a verse detrás no marcador, en ningun momento baixaron a intensidade e intentaron durante todo o partido competir de ti a ti co equipo contrario.

Moi boas sensacións nos deixa este choque, no que se puido apreciar a progresión que estamos a levar e o que nos indica que estamos a traballar polo camiño axeitado.