NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS
INFANTIL MASCULINO : SANTA MARÍA - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 68-54 (partido disputado o día 20 de marzo)
O sábado pola mañá , o noso equipo infantil masculino disputou o partido correspondente a esta xornada no colexio Maristas.
Os nosos comezaron dominando e obtendo as primeiras ventaxas no marcador , chegando incluso cun resultado favorable ao descanso de 28-38.
Pero na segunda parte , o xogo dos nosos empeorou e o equipo local achegouse no marcador. Ó final no derradeiro período , o equipo de Santa María levou a cabo unha serie de accións positivas coas que se despegaron no marcador. A falta de experiencia dos nosos xogadores a nivel competitivo nos intres finais igualados , foi posiblemente a razón principal de non poder aguntar no partido ata o final.
Esperamos mellorar este as`pecto de cara ós vindeiros partidos.
INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - A.B.O. OURENSE : 69-42
No partido desta xornada, disputado o sábado pola mañá , o noso equipo infantil masculino colleitou a segunda victoria da tempada.
O partido comezou moi de cara para os nosos intereses xa dende o primeiro cuarto, grazas a unha forte defensa e o acerto en ataque. Proba delo foi que se chegou o descanso gañando 34-12.
A partir de ahí, os nosos xogadores baixaron un pouco a guardia , pero suficiente como para non levar unha sorpresa, e poder gañar o partido con mais facilidade da prevista inicialmente.
A vindeira semana o equipo comeza a segunda volta desta derradeira fase na que trataremos de acadar algunha victoria mais.
BENXAMÍN MIXTO : DIVINO MAESTRO FRIAVANSO - C.B.XUVENTUDE VERÍN MASCULINO : 24-35
Dura derrota a sufrida polo noso equipo benxamín este sábado na pista dos Salesianos contra o equipo de Verín.
O partido comezou igualado, sen embargo o panorama mudou a partir do terceiro tempo. Os visitantes despegáronse no marcador grazas ós seus rápidos ataques e a unha defensa que nos complicaba o pasar de medio campo.
A pesar das dificultades , os nosos peques seguiron loitando aínda que as cousas non saían en ataque.
Grandes problemas á hora de dar os pases ou de avanzar co balón , foron a tónica dun partido do que aprender moitas cousas para seguir aprendendo e mellorando.
A nosa noraboa ó C.B.Xuventude Verín.
INFANTIL FEMININO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - BOSCO SALESIANOS : 45-47
Quizais foi un dos partidos mais floxos dos que disputamos esta tempada.
Unha primeira parte sen ritmo, sen intensidade defensiva, na que non tivemos acerto ningún en ataque , na que o equipo contrario dominou o rebote nas dúas canastas , e sen embargo con todo isto ó descanso tan só perdíamos por 12 puntos.
Tras o paso polos vestiarios o equipo mellorou en defensa e no control do rebote, pero o noso ataque continuaba sen fluidez e non conseguíamos anotar con facilidade.
Así se chegou o derradeiro minuto cun marcador adverso de 33-43. A intensidade que nos faltou durante tod o partido, apareceu neste minuto e coseguimos reducir as distancias cun parcial de 12-4. Incluso roubamos o balón a falta de tres segundos para rematar o encontro, e anotamos unha canasta que nos levaría aá prórroga, pero o colexiado considerouna fora de tempo e invalidou a acción.
Agora toca seguir traballando para correxir os erros cometidos.
- APIs de Blogue
