NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS
Fin de semana perfecto para os nosos equipos , xa que todos conseguiron vencer os seus encontros.
ALEVÍN MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - A.B.O. OURENSE : 63-62
Este fin de semana produciuse a primeira victoria dos nosos alevíns nesta terceira e derradeira fase da competición. Tardou en chegar, pero ó final , obtivémola fronte a un A.B.O. que loitou ata o final do encontro.
Os nosos mostráronse moi competitivos durante todo o encontro , mantendo sempre unhas boas rentas na primeira metade , que o equipo contrario soubo reducir na segunda parte do partido.
Ó final un punto arriba para os nosos , que encaran con optimismo estas derradeiras semanas de competición.
INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - SANTA MARÍA : 74-33
E chegou a cuarta victoria!!!!!
O equipo infantil continua cá súa racha de victorias e cunha mais que notable milloría no seu xogo e na súa competitividade.
Xa dende o primeiro cuarto viuse unha grande superioridade sobre o equipo rival , obtendo un parcial de 30-15. Por fin , fomos capaces non só de manter unha vantaxe no marcador , se non incluso aumentala , cousa que non conseguimos durante todo o ano.
Ó remate unha diferenza de 40 puntos , dalle ó equipo, a victria mais abultada da nosa pequena historia.
BENXAMÍN MIXTO : C.B. XUVENTUDE DE VERÍN - DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 32-33
Emocionante e intrépido partido o dos nosos pequenos nesta última fin de semana.
Ata Xinzo de Limia marchou a nosa expedición que se enfrentería ó equipo de Verín.
O encontro transcurriu moi igualado de principio a fin , alternándose a ventaxa do marcador entre ambos conxuntos. Parecía que todo se ía disputar no derradeiro encontro , e así foi. A falta dun minuto para rematar , o noso equipo perdía por dous puntos , pero ó final a loita , esforzo
e traballo de todos , deu a súa recompensa cun tiro libre e unha canasta , que nos darían a victoria , por tan só un punto , pero sobre todo e o mais importante e ver a ledicia dos nosos peques , que rotando todos no último cuarto , souberon pór cada un o seu graniño para a victoria final.
Noraboa ós nosos peques pola victoria e tamén ó equipo contrario . que deu mostra do mesmo esforzo , tesón . traballo e deportividade. Sin dúbida un gran rival e gran equipo.
ALEVÍN FEMININO : A.B. EIDOEMPRESA XINZO - DIVINO MAESTRO TIAGO CALEFACCIÓN : 45-73
Tras un comezo de encontro moi dubitativo . as nosas bombillas volveron a deslumbrar no pavillón municipal de Xinzo o pasado domingo pola mañá.
Unha cuestión de ACTITUDE foi a que nos permitiu superar no electrónico a un bo e rápido e equipo rival , que na primeira fase nos privara de poder loitar no grupo de clasificación para a disputa da Liga Galega.
Esta victoria ademais permítenos acadar de forma definitiva o primeiro posto da clasificación da liga zonal ,a falta da disputa da última xornada.
Vamos equipo !!!!!
INFANTIL FEMININO : BOSCO SALESIANOS - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 40-52
As nosas guerreiras do equipo infantil feminino disputaron na tarde do sábado o derradeiro partido da liga zonal , contra o equipo de Salesianos.
Moi motivadas por acadar un resultado positivo e poder adicarllo ó seu adestrador quen non puido asistir o encontro polo nacemento de Chloe, a nena que ven a completar a súa parella de fillo. Saíron á pista a loitar pola victoria que con grande esforzo e sacrificio colectivo , acadaron por 12 puntos de diferencia no electrónico
Esta victoria adícanlla a David , o seu adestrador , e a súa familia polo nacemento de Chloe.
- APIs de Blogue
