NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS
ALEVÍN MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - BLANCO AMOR : 12-62
Partido sen moita historia xa desde o principio. Os rivais, recientemente clasificados en tre os 8 mellores equipos de Galicia na nosa categoría , comezaron xogando un moi bo baloncesto e anotando canastas a campo aberto. O resto do partido foi unha boa aprendizaxe de cara ós próximos anos , nos que os nosos nenos serán moito mais competitivos.
Ata aquí chegou a nosa tempada, unha tempada realmente boa, tanto en resultados coma en sensacións, sabendo coa materia prima coa qué contabamos. Un equipo con cinco benxamíns , chegando a clasificarse entre os 8 mellores equipos de Ourense e gañando tres partidos nesta última fase.
Pouco mais se podía pedir e moito menos imaxinalo a principios de ano.
Moitas grazas pola vosa implicación. A seguir medrando.
BENXAMÍN MIXTO : DIVINO MAESTRO FRIAVANSO - MARISTAS OURENSE :41-75
Rematou a tempada para os mais cativos , que caeron esta pasada fin de semana contra o equipo de Maristas , en oitavos de final da Copa Diputación de Ourense.
Loitaron moi ben os nosos peques contra un equipo moi superior fisicamnente , e a pesar da derrota , queda o bo sabor de boca ao ver como melloraron cada un dos nosos ó longo de toda a tempada.
Tanto individual coma colectivamente , felicitar a todos polo seu esforzo e animalos a seguir moito tempo ca misma ilusión.
Parabéns ó equipo de Maristas.
ALEVÍN FEMININO : DIVINO MAESTRO TIAGO CALEFACCIÓN- PABELLÓN OU. / MARISTAS
¡¡ STEP BY STEP !!
Pasiño a pasiño as nosas bombillas van completando etapas. Tras acadar unha excelente clasificación na liga zonal, esta semana tocou loitar por conseguir novos obxetivos.
O mércores xogabamos o partido de oitavos de final contra Pabellón Ourense na nosa casa. Unha victoria daríanos o pase os cuartos de final.
A pesar de xogar un partido con moitos altibaixos , ó final as nosas bombillas conseguiron alumear ao nivel suficiente para acadar a victoria.
O sábado pola tarde na pista de Carmelitas xogabamos por pasar a semifinais ante un rival moi competitivo e exixente que nos obrigou a empregarnos ó máximo para poder acadar a victoria. Como en outras ocasións tocou botar man de todo o noso repertorio para poder gañar nun final axustado.
Pero como xa sabemos ben , a diferenza entre un DESEXO e un OBXETIVO radica no noso COMPROMISO e en eso hai poucas bombillas no universo que alumeen coma as nosas.
¡¡¡ VAMOS EQUIPO !!!
INFANTIL FEMININO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - BLANCO AMOR : 58-37
Pese a gañar os dous anteriores partidos do noso grupo ante Monforte e contra Allariz , unha derrota supuña o quedar fóra das semifinais de Copa Diputación. Por iso que o partido afrontámolo como se fose unha final , xa que era unha oportunidade moi boa e non podíamola deixar escapar.
Ó principio do partido, os nervios fixeron que non puideramos desenrolar o nosos xogo e aínda que en defensa estabamos moi ben , en ataque costounos moito entrar no partido. Pese a isto o partido estaba igualado e co paso dos minutos os nervios foron desaparecendo e o equipo comezou a funcionar. No descanso o marcador reflexaba un inquedante 26-21 ó noso favor.
No descanso a chegada de Icía ,ca cual non contabamos xa que estivera na cama con placas na garganta os días anteriores,supuxo o pulo que necesitabamos e a partir dese intre o equipo funcionou como nos derradeiros encontros e pouco a pouco o partido foise aclarando ó noso favor, ata chegar o 58-37 final, co que acadábamos o pase as semifinais, todo un éxito para o noso equipo, tendo en conta que 10 das xogadoras son de primeiro ano e unha é alevín.
Agora a disfrutar do partido de semifinais, todo un premio para nós, contra un rival superior, no que intentaremos facelo o mellor posible.
- APIs de Blogue
