SEMIFINAIS DE COPA DIPUTACIÓN
ALEVÍN FEMININO : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - CARMELITAS VEDRUNA : 41-57
As nosa bombillas brillaron con luz moi moi brillante !!!!
Neste domingo 12 de xuño , as nosas rapazas do alevín feminino puxéronlle o broche de ouro a unha temporada moi boa , coa participación na semifinal da Copa Diputación.
Neste encontro , lonxe de baixar os brazos ante un equipo a priori superior , loitaron desde o primeiro minuto atao derradeiro , dando o 110 %do que levan dentro e o 120 % do que traballamos ao longo da tempada. Este foi o segredo para acabar perdendo por 41-57 , cando na primeira volta perderamos contra eles por 58-7. Acadar 34 puntos mais e encaixar un punto menos ante un rival que competiu a metade da tempada en Liga Galega supón un grande éxito para as nosas rapazas.
Unha derrota con gran sabor a victoria, sabor a victoria por :
1. A mellora colectiva das nosas bombillas, basada na mellora individual de cada unha.
2. A mellora das xogadoras incorporadas este ano , sendo capaces de axudar ás mais veteranas a competir fronte equipos de primeiro nivel.
3. A capacidade das nosas rapazas de entender que a diferenza entre un Obxetivo e un Desexo, radica no Compromiso.
4. A disposición das nosas rapazas para levantarse despois dalgunha caída sufrida ó longo da tempada e seguir loitando por un Obxetivo , sen Excusas.
5. A disposición do equipo para conseguir o difícil e intentar o imposible.
Esta tempada debería supor para todaselas unha enorme clase de nove mesesde duración , na que a principal ensinanza está en que : cando queres algo e tes un obxetivo debes de loitar con todas as forzas cada día , cada entreno, cada acción de xogo de cada partido para acadalo. As excusas e disculpas, supoñen unha limitación á hora de acadar este obxetivo.
VAMOS EQUIPO , VAMOS CLUB DEPORDIMA !!!
INFANTIL FEMENINA : CODIGALCO CARMELITAS - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 74-29
Polos antecedentes dos últimos enfrontamientos, dúas derrotas na primeira fase pechándonos o marcador, presentábase un partido moi complicado nas semifinais de Copa Diputación.
Pese á derrota, a diferencia existente entre os dous equipos acortouse moitísimo e sen facer un bo partido, en moitas fases do encontro competimos perfectamente cun equipo no que as súas xogadoras mais importantes e que marcan a diferenza son todas de segundo ano.
Despois de realizar un final de tempada fantástico, de clasificarnos contra todo pronóstico en semifinais de Copa Diputación, afrontamos este partido con moita ilusión e con gañas de facelo moi ben. Os nervios ó principio do partido xogáronnos unha mala pasada e o equipo rival aproveitouno para coller unha vantaxe importante que non nos permitiu estar mais preto no marcador.
As sensacións , de todos xeitos, son moi positivas, rematamos unha excelente tempada, na que cun equipo de rapazas de primeiro ano conseguimos clasificarnos para xogar no grupo dos mellores, e chegar a disputar as semifinais de Copa Diputación, polo que podemos calificar a tempada de moi boa, e nos da moita forza e ilusión para afrontar con garantías de competir o próximo ano con todos os equipos.
NORABOA GUERREIRAS , VAMOS CLUB DEPORDIMA.
!!
- APIs de Blogue
