NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS NAS LIGAS GALEGAS
PREINFANTIL FEMININO : CELTA - DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO : 69-19
¡¡ O OPTIMISMO ACHEGANOS AO PODER; MENTRES QUE O
PESIMISMO LEVANOS A DEBILIDADE !!
Con esta
máxima na súa cabeza levantáronse as cosas Bombillas o domingo de madrugada
para emprender viaxe a Vigo. Un difícil encontró ante un moi potente e bo rival
, nos esperaba na pista central das Travesas.
O Celta de Vigo con un plantel
tremendamente equilibrado ía ser o noso rival. Pero a pesar de todas as
adversidades en forma de lesión da nosa xogadora Mara, o atropello por un coche
da outra compañeira Noa, así como a enfermidade de Paula Alvarado, non impediron
que as Oito Bombillas que foron disputar o encontro o fixesen a 30.000 voltios,
con una actitude de loitadoras ante as adversidades.
O resultado,
sendo desfavorable, foi o menos importante. O máis importante foi acadar
aqueles pequenos obxetivos que nos fomos marcando ao longo do encontro e case
acadar que non nos cerrasen o marcador.
Con esta
actitude en futuros encontros, seguro levaremos algunha alegría.
Vamos
Equipo!!!!
INFANTIL FEMININO : CELTA - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 61-11
Difícil comezo de liga para o noso equipo infantil feminino xa que nas primeiras xornadas enfrontámonos os riváis mais complicado. Esta fin de semana viaxamos a Vigo para xogar contra o Celta, posiblemente o rival mais duro da categoría.
Comezamos moi enchufadas o partido e parando ben o equipo local , nos primeiros 5 min , só anotaran dúas canastas, pero a partir de ahí impúxose a lóxica e pouco a pouco as diferenzas ían medrando ata que nos pecharon o marcador no último minuto do terceiro cuarto.
Curiosamente despois do peche do marcador, recuperamos a nosa mellor versión e nesos 12 minutos finais o resultado foi de 13-12 para as celestes.
Un partido mais que nos serve para seguir collendo ritmo e para probar cousas de cara os vindeiros partidos nos cales o equipo ten que empezar a subir o seu rendemento para ser capaces de competir cos rivais que aínda non xogamos.
- APIs de Blogue
