NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

ALEVÍN FEMININO PABELLÓN OURENSE Vs. DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 64-40

    Primeira
derrota do alevín feminino. Presentábase o sábado un partido moi
complicado contra o Pabellón Ourense, e así se demostrou dende o
primeiro momento.

    Tras un mal inicio do noso equipo, semellaba que o
Divino Maerstro Reale Seguros comezaba a despertar xa no segundo cuarto.
Sen embargo, este pequeno cambio non foi suficiente para facer fronte a
un gran conxunto que se mostraba moi organizado en defensa, que
circulaba con rapidez o balón e que non daba tregua nen un só segundo.
Pola contra, ás nosas xogadoras sufrían en cada pase coa forte defensa das pabellonistas, e non só iso, senón que a cabeza parecía non
acompañarnos nesta mañá. Pases a ningures, balóns que nos roubaban das
nosas propias mans e xogadas nas que ninguén parecía saber o que pasaba
no campo, fixeron que as contrarias aumentaran a distancia ata os 19
puntos nun moi malo cuarto tempo. Para rematar o mal dia, a lesión de
Bea termiñou por minar a moral dun equipo que levaba sufrindo durante
todo o encontro.

 Felicitar ó Pabellón Ourense pola victoria e moito ánimo a nosa compañeira Bea para que se recupere pronto.

 ALEVÍN MASCULINO : CB ALLARIZ - SERIGRAFÍA ALFER DEPORDIMA : 29-55

    4º partido da tempada e 4ª victoria. O resultado foi un 29 a 55
(+26)pero a verdade o xogo non foi o mellor da tempada. Levámonos unha victoria
de Allariz pero a nivel persoal para min foi un
pasiño atrás no noso xogo. Un partido moi gris cun xogo de mais a menos e con
moitas accións individuais sen sentido, un xogo en equipo moi escaso no que
os pases escasearon. Espéremolo correxir nesta semana antes de
afrontar este finde que ven o ultimo partido da 1ª volta contra o COB, porque
se non podemos levarnos un serio correctivo.

    Esperemos que non sexa así e poidamos
competir contra o que parece o rival mais forte do grupo xunto con nos. A pista
porá a cada un no seu sitio.

    Volvendo a este partido empezamos moi ben
podendo decir que foi o mellor cuarto que vin nesta tempada, cunha moi boa defensa e en ataque
tomando as decisións correctas, atacando o aro sen medo e lendo sempre as
mellores opcións para atacar, fruto de todo esto foi un (5-20)o tope nun cuarto
noso estaba en 13 o que di moito deste cuarto, pero a partir de ahí
baixamos moito e o xogo en ataque cada un parecia que queria facer a guerra pola súa conta e moitas accións individuais e senon somos un equipo imos sufrir
moito.

    En defensa simplemente acompañabamos sen achuchar o balon e o atacante, 
cousa que me preocupa mais que o ataque, porque se defendemos como soemos defender en ataque vamos xogar con mais
tensión e con mais rapidez de decision.

    Hai que seguir traballando e
confiando nestes peques que se algo teñen e que lle encanta este deporte
maravilloso como é o baloncesto os tanteos nos seguintes cuartos foron
(5-9)/(5-2)/(0-10)/(3-3)/(11-11)

BENXAMÍN MIXTO : CB ALLARIZ - FRIAVANSO DEPORDIMA : 50-0

    4º partido dos nosos peques que acaban a 1ª volta con 2
derrotas e 2 victorias, cun papel moi bo, xa que contra os equipos da nosa
liga competimos e todos os peques van cada día aportando cousiñas a este equipo
sexan de 1º,2º ou 3º.

    Neste 4º partido a verdade, xa o di
o marcador, é que diferencia era moi grande , o resultado foi : 50-0. A
diferenza física e o entendemento de todas as nenas de Allariz, que para ser
benjamíns, xogan o baloncesto dunha forma que cabe decir que da gusto, ten moito merito. Dito
esto, pouco mais cabe decir, os nosos peques pouco puideron facer. SaÍmos durmidos e pouco activos e a excepcion dalgúns que o deron todo , houbo rapaces os que lle faltou por meter  1 ou 2 marchas mais, xa que o partido requería
moita mais intensidade polo nivel físico do rival.

   Do xogo pouco se pode decir
porque no colectivo pouco nos deixaron facer polo bo traballo do equipo local o que
si, hai rapaces que cada dia se atreven con cousas diferentes e eso a verdade
que me alegra moito, esperemos que o final de tempada todos sexamos capaces de seguir
neste progreso.

INFANTIL MASCULINO : BE ONE DEPORDIMA - CB MASIDE : 65-49

    O partido comezou bronco, moi intenso a nivel físico e cunha
defensa dun tono elevado, pero que os nosos souberon superar.

    A nivel ofensivo
os nosos estiveron mellor ca nos partidos anteriores e conseguiron chegar ao
descanso con 16 puntos de ventaxa.

   A partir de ahí, algún factor externo fixo
que non puderamos separarnos máis no marcador. Aínda así, levámonos outra
victoria que nos axuda, a nivel moral, para afrontar os seguintes compromisos.