8ª Xornada de Liga Benjamín Mixto de Baloncesto

DIVINO MAESTRO - ALLARIZ : 19-69

Bo partido do noso equipo ante o segundo clasificado da liga, pese á clara derrota.

A verdade é que o equipo mellora día a día e vese que pouco a pouco os xogadores individualmente, tamén son capaces de facer máis cousas.
Hai que recordar que dos xogadores que forman o equipo, tan só 3 xogaban a tempada pasada, polo que para os oito restantes é a sua primeira tempada, é o seu primeiro contacto co deporte, polo que debemos estar orgullosos da progresión que están levando a cabo.
O próximo sábado, 3 de marzo, xogamos contra o equipo do Barco,a partir das 11 da mañá na vila Valdeorresa, unha boa oportunidade para conseguir unha nova victoria.