AXUDAS DO CONCELLO PARA LIBROS E COMEDOR

O Concello de Ourense prestará un ano máis apoio ás familias de escasos recursos económicos para afrontar os gastos do novo curso escolar 2013/2014. Descargar BOP Ourense Nº125, Sábado 1 de xuño de 2013. Información Concello de Ourense

SOLICITUDES: PRAZO E FORMA

Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense.
Prazo de presentación: do 3 de xuño ao 19 de xuño, ambos incluídos

DOCUMENTOS A APORTAR

1. Solicitude completamente cuberta -> Descargar Solicitude
2. Declaración responsable do compromiso, datos e cumprimento das obrigas
3. Fotocopia do DNI/PASAPORTE, en vigor, de todos os membros
4. Fotocopia da declaración do IRPF do exercicio anterior, en caso de non estar obrigado a presentar a declaración do IRPF deberá axuntar:

Certificado de empresa
Certificado do SEPE
Xustificación de pensión do exercicio anterior, de ser pensionista

5. Impreso de autorización para a obtención de datos tributarios
6. Informe de vida laboral completo e actualizado da Seguridade Social
7. Xustificante de ingresos das seguintes prestacións

a. Presentación por fillo a cargo
b. RISGA

8. No caso de separación ou divorcio legal, copia da sentenza e do convenio regulador, xustificantes bancarios das aportacións económicas establecidas na sentenza.
9. Certificado de empadroamento e convivencia

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL

1º de educación infantil: 90 €
2º de educación infantil: 110 €
3º de educación infantil: 125 €

AXUDAS PARA COMEDOR TODAS AS ENSINANZAS

45 € AO MES