NOVA XORNADA PARA O NOSO EQUIPO BENXAMÍN

BENXAMÍN MIXTO : BOSCO SALESIANOS AMARILLO - DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 38-49

    Que maneira de comezar o mes de abril, cun emocionante partido e cunha nova victoria dos nosos peques. Tres victorias en outras tantos partidos nesta segunda fase de competición. 

    No partido xogado este mércores na pista de Salesianos, o equipo benxamín, comezou gañando cun magifico primeiro cuarto. Sen embargo, pronto a diferenza de 20 puntos acadada, viuse recortada, xa que o equipo contrario reaccionou moi ben xa nos primeiros minutos do segundo período. Vimos a partir dese momento un partido moi reñido e igualado. Ó noso equipo costoulle moito frenar os ataques contrarios e sufrimos para poder manter a ventaxa no marcador.

    Finalmente, e a pesar do cansanzo, un último e meritorio esforzo no derradeiro cuarto , volveunos a dar certa ventaxa e así levarnos unha nova victoria á casa cun marcador de 38-49 a favor.

    Noraboa a ambos equipos polo esforzo e bo traballo.