DERRADEIROS PARTIDOS DAS DISTINTAS LIGAS PARA OS NOSOS EQUIPOS

BENXAMÍN MIXTO : DIVINO MAESTRO FRIAVANSO - CB ALLARIZ FEMENINO : 36-79

Nova derrota para os nosos peques e de novo fronte a un rival moi superior e de gran calidade o CB Allariz Femenino, que tan só perdeu un partido en toda a tempada.

Os nosos benxamíns souberon aguantar moi ben o primeiro cuarto,manténdose cerca no marcador, pero a partir de ahí o partido non tivo historia e foi dominado totalmente polo equipo alaricano.  O equipo visitante mostrou a súa superioridade e rematou o encontro cun 36-79 ó seu favor.

Noraboa o equipo do CB Allariz.

ALEVÍN MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - MUEBLES VICTORIA BARCO : 42-53 (2-0)

Oxalá xogásemos sempre tan ben e coa mesma intensidade do último cuarto. Esa pode ser a conclusión de un encontro no que arrancamos durmidos e que non fumos capaces de espertar a ta o derradeiro período. 

Non parecía que o partido fora a ser tan difícil para os nosos, sen embargo, o equipo do Barco , que contaba tan só con oito xogadores , comezou moi metido no xogo , sabendo convertir en canastas cada un dos nosos numerosos erros.

O conxunto visitante pronto se despegou no marcador e fixo insuficiente o gran esforzo do último cuarto.

Pese á derrota , como o equipo visitante acudiu ó partido con tan só oito xogadores , o noso equipo consigue a victoria por un tanteo de 2-0.

ALEVÍN MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - CB ALLARIZ : 33-72

Moi boa a actitude demostrada polos nosos alevíns durante todo o partido , fronte a un rival superior. 

O partido comezou con moitas imprecisións nos dous equipos e se rematou o primeiro cuarto cun resultado axustado. Os dous seguintes períodos foron os que decidiron que o partido caese do lado dos visitantes, xa que grazas a unha forte defensa e a rápidos contraataques colleron unha ventaxa que xa non puidemos recortar.

Os tres cuartos da segunda parte foron moi igualados e o nosos equipo demostrou que sabe facer moi ben as cousas contra rivais superiores e que non se rinde nunca ata o pitido final.

Boas sensacións as que deixa o noso equipo alevín masculino , tendo en conta que xoga todos os seus encontros con cinco xogadores en idade benxamín.

INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - BLANCO AMOR COOLSPORT : 39-77 

Segundo partido da Copa Diputación e primeira derrota nesta fase, ante o mellor equipo infantil da nosa cidade. 

Enfrontabámonos ó quinto clasificado da Liga Galega e que vai xogar para clasificarse por unha plaza para disputar o Campionato de España.

Os nosos infantís deron a cara dunha maneira fantástica , ata o punto de anotar 39 puntos fronte o rival mais complicado cheo de xogadores moi experimentados.

A diferenza notouse dende o inicio do partido , pero loitouse ata o final todo o que se puido.

A próxima semán rematamos a tempada contra outro equipo semellante en nivel ó noso.Esperamos rematar o ano cunha nova victoria.

INFANTIL FEMININO : VAL DE LEMOS MONFORTE - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 16-35

Extraño partido o disputado na tarde do sábado en terras monfortinas. O equipo viña dunha importante victoria nun partido con moita intensidade a fin de semana anterior , e caer na relaxación era o mais doado neste partido. E así sucedeu, na primeira parte do partido non fumos fieis ó noso estilo e o equipo rival mantívose preto no marcador. 

Todo cambiou despois do descanso, a actitude do equipo mudou por completo e comezamos a coller vantaxes importantes no marcador que propiciaron unha cómoda victoria.

Hai que destacar que xogamos sen marcador electrónico e en moitas fases do partido o oficial de mesa non parou o crono polo que o partido non durou os 40 minutos de tempo real.

A vindeira semana o equipo disputará o último partido desta Copa Diputación e de conseguir a victoria , sería a terceira noutros tantos partidos, clasificaríamonos para as semifinais desta competición.