INICIO DA TEMPADA 2016-17

Xa está aquí a nova tempada de baloncesto !!!!!!

O Clube Depordima ven cheo de novidades para esta tempada 2016-17.

Por primeira vez, os mais cativos, é dicir , os alumnos de Educación Infantil (3 a 6 anos) poderán comezar a practicar este maravilloso deporte, na actividade chamada BABY BASKET, impartida na súa totalidade en inglés.

Os dous equipos infantís femininos acadaron plaza en 1ª División, polo tanto, disputarán Liga Galega durante toda a tempada nas súas respectivas ligas, as rapazas de 1º da ESO a LIGA GALEGA PREINFANTIL e as rapazas de 2º da ESO a LIGA GALEGA INFANTIL, todo un éxito para o noso clube.

Estes dous equipos xa comezaron a pretempada o 16 de agosto. 

O equipo infantil masculino, despois de realizar un grandísimo final de tempada, espera este ano competir na súa liga o mais alto nivel. Comezará a adestrar o día 5 luns co horario que aparece nas follas de inscripción da actividade.

Tanto os equipos alevíns e benxamíns, coma o grupo de Baby BaSket, comezarán os adestamentos a semana do luns 12 de setembro,tamén co horario que se indica nas follas de inscripción.

Estade atentos a esta páxina , xa que nos vindeiros días haberá mais sorpresas e informacións. 

Tamén nos podedes seguir nas redes sociais, Facebook e Twitter.