NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS NAS LIGAS GALEGAS

4ª XORNADA LIGA GALEGA PREINFANTIL FEMININA : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - ARXIL :  39-62

A Perserverancia e o esforzo diario é o único segredo para conseguir o éxito e os nosos obxetivos.

Competir nunha liga tan esixente como a nosa con equipos de primeirísimo nivel autonómico esixiranos toda a tempada dar o 110% do que levamos dentro para poder ir mellorando día a día e intentar acadar algunha victoria. Este fin de semana visitounos o Arxil de Pontevedra e o igual que todos os nosos antriores rivais, o nivel do equipo tanto técnico como físico era moi alto. Estivemos competindo todo o encontro e desmastrando na pista as mellaras do traballo diario, ainda así non resultou suficiente para acadar un dos nosos obxetivos a victoria. Ainda así, si acabamos outros obxetivos tan importantes grupalmente como a propia victoria.

Vamos Equipo !!!

 5ª XORNADA LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA : DIVINO MAESRO OURENSE RÓTULOS - BOSCO SALESIANOS : 64-94

Foi o partido mais completo que xogamos esta tempada con moita diferenza.

Enfrente tiñamos un conxunto moi difícil, que conta con grandes individualidades e que aínda non coñecía a derrota.

O partido comezou cun ritmo moi alto de xogo e cos dous equipos anotando con moita facilidade , chegando ó final do primeiro cuarto cun tanteo de 20-22. No segundo período pouco a pouco o equipo visitante foi collendo unha vantaxe no marcador superior os vinte puntos antes do descanso, pero unha reacción das nosas xogadoras nos dous últimos minutos deixou a desventaxa en 17 puntos.

Tras o descanso , os cambios defensivos que fixemos, provocaron dúbidas nas visitantes, feito que aproveitamos para acercarnos no marcador cun gran xogo colectivo, a 7 puntos 50-57.

No derradeiro cuarto, a eliminación dalgunha xogadora importante unida ó baixón físico , provocou un parcial a favor do Bosco de 14-35 que deixou ó final do partido unha diferenza demasiado grande polos méritos feitos polos dous equipos.

Moi boas sensacións as que nos deixa este partido, e que nos da moito ánimo e forzas para afrontar os seguintes partidos.