Atletismo

VII CORRENDOxOURENSE

O Domingo 23 de Abril de 2017, sairá dende a porta principal do colexio a 1ª Carreira do Circuito Correndo X Ourense.



Todas as saídas entre 12:00 e 12:30 horas



ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!



Máis información no folleto ou na páxina de inscripcións  

 

CAMPEONATO ESCOLAR PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN DE OURENSE

 

Os alumnos de Educación Secundaria que o desexaron puideron participar, o venres 10 de Marzo de 2017, no Campionato Provincial Escolar de Ourense, que se celebrou na Area Recreativa de Barbantes Estación, no Concello de Cenlle.



Xuntámonos alí algúns colexios da Provincia, onde  foron chamando cada 2 minutos a diferentes atletas que participaban na proba segundo a sús categoría. Foi toda unha aventura.
Na grada fíxosenos algo longa a espera, pero pagou a pena. O día tivo de protagonista a un Sol fenomenal e unhas temperaturas de auténtico Verán. Para a próxima vez temos claro que haberá que chapuzar algo nas Termas de Barbantes.



[+Fotos]  [Resultados]

 

SUBCAMPEÓN GALEGO DE CAMPO A TRAVES ESCOLAR

  O sábado día 11 de Marzo disputouse o Campionato de Galicia de Campo a través Escolar, concretamente na localidade da Magdalena no Concello de Vilalba. O noso alumno Martín Rivera de 2º de Secundaria lograou subir ao podio na 2ª Posición na categoría Cadete Masculino. 

NORABOA

 

CAMPIÓN !!!

 

CAMPEÓN GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

O alumno do noso Colexio, Martín Rivera (1ºESO) foi protagonista no campionato galego Escolar Xogade de Campo a Través ao proclamarse campión na súa categoría +Info  

 

 

1ª XORNADA INTERZONAL DE ATLETISMO EN PISTA

A Delegación en Ourense da FGA e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, organizou nas instalacións do Complexo Polideportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar o pasado sabado día 11 de abril en xornada de mañá, a 1ª Xornada Interzonal Escolar de Atletismo en Pista para a Comarca de Ourense e dentro do programa XOGADE 2015 e como non alumnos do noso Centro participaron e pasárono estupendamente...

CORRENDO X OURENSE 2015

Un ano máis o CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO colaborando co Concello de Ourense para a organización do V Circuito de Carreiras Populares, Correndo x Ourense 2015.

A Primeira carreira o 26 de Abril de 2015, a do Vinteún, sairá da porta do colexio e teremos os vestiarios a disposición dos participantes.

Toda a información e inscripcións pódese facer a través da páxina do Concello

[Inscrición 2015]
[Regulamento 2015]
[Folleto 2015]
[Cartaz 2015]

SAN MARTIÑO 2014

Este ano, coma en anteriores, participamos na XXXVIII Carreira Popular Pedestre San Martiño, 2014.

Fomos bastantes os alumnos que asistimos aínda que a chuvia estivo presente, mirade algunhas fotos.

.

 

 

CORRENDO X OURENSE - O VINTEÚN

Este pasado domingo 27 de abril, saíu dende a porta do noso Colexio a IV CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POR OURENSE 2014, houbo unha grande participación. deixamos unhas fotos, haber que vos parecen...

CORRENDO X OURENSE 2014

Por cuarto ano consecutivo o Consello Municipal de Deportes pon en marcha o circuito de carreiras Populares "Correndo por Ourense" con gran aceptación polos amantes a este tipo de manifestacións atléticas en Ourense.

A inscrición para esta carreira, a primeira do circuíto pódese facer ata o mércores día 23/04/2014.
O Circuíto "Correndo por Ourense" está integrado por 6 carreiras.

DOMINGO 27/04/2014 12:00 CARREIRA DO VINTEÚN -> Sae da porta do noso Colexio
SÁBADO 31/05/2014 21:00 CARREIRA DO COUTO
DOMINGO 29/06/2014 12:00 CARREIRA DE CORPUS
DOMINGO 07/09/2014 12:00 CARREIRA DA PONTE
DOMINGO 28/09/2013 12:00 CARREIRA DA UNIVERSIDADE
DOMINGO 26/10/2013 12:00 CARREIRA DA CARBALLEIRA

É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado. A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado, de maneira que os que teñan menos puntos serán os primeiros clasificados/as. 


Inscripcións    Folleto    Regulamento 2014

CROSS NO GUILLEME BROWN 2014

O 12 de xaneiro de 2014 celebrouse o CROSS GUILLELME BROWN, onde participamos dende fai anos, pasámolo maravillosamente, mirade, mirade...
 
Distribuir contido