Escolares

COÑECEMOS VARIOS PAISES. ALUMNOS DE 3ºESO

Os alumnos de 3º de Secundaira, dentro da materia de iniciativas emprendedoras, estudaron constumes, pratos típicos, anécdotas... de distintos países do mundo que plasmaron nunha exposición na entrada do centro. Os alumnos das diferentes clases baixaron para probar novas receitas e coñecer culturas diferentes.



Para ver as imaxes debes ir á Galería -> Ir á Galería.

 

SAÍDA A SAN ESTEVO E A SAN PEDRO DE ROCAS

Os alumnos de 2º e 4º de Secundaria o pasado día 5 de xuño fixeron unha saída para ver San Estevo e San Pedro de Rocas, ambos enclaves situados na zona da Ribeira Sacra, lugar coa maior concentración de Arte Románico de Europa.

EDUCACIÓN VIAL. 2º CICLO PRIMARIA

O pasado 4 de xuño os alumnos do segundo ciclo de Educación Primaria tiveron unha actividade de Educación Vial.

Despois de unha parte teórica puideron poñer en práctica o aprendido nun circuito de tráfico. Pasámolo xenial.

CONVIVENCIA ALUMNOS 2º PRIMARIA

Os alumnos de 2º de Educación Primaria marcharon en compañía de algúns pais e de varios profesores a disfrutar os días 3 e 4 de xuño de unha convivencia e de durmir unha noite fora da casa en tendas de campaña.

A verdade e que todo saiu fenomenal e disfrutamos coma enanos, que xa non o somos tanto, despois de esta aventura marabillosa.

 

 

VISITA DO NOSO PINTOR ANDRÉS SANTEIRO

Por fin xa chegou Andrés Santeiro, un pinto galego.

Andrés falounos sobre como se fixo emprendedor e que actitude deberíamos ter ante o traballo. Él ensinounos que aínda que teñamos dificultades a hora de traballar debemos er emprendedores e superalas, tamén nos ensinou que o arte é algo que debe facernos sentir emocións e que na nosa vida debemos saber observar detidamente ata os máis pequnos detalles.

SEMANA CULTURAL 2014

Este ano preparamos un Blog onde está toda a información da semana cultural e algunhas fotos- > Ir ao Blog

Todas as fotos están na galería do Colexio, deixo algúns enlaces: Concurso de Cálculo Mental, Festival Fin de Curso, Cross Misioneiro, Andaina Solidaria, Tarde Misioneira

XOGANDO COA LINGUA

Pulsa en la imagen para jugar - Preme na imaxe para xogar - Click on the image to play 

VISITA AOS BOMBEIROS

Os alumnos de 3º de Educación Primaria, este xoves 15 de maio de 2014, fixemos unha saída para ver o que fan os Bombeiros.

Contáronnos como é o seu día a día no traballo, emerxencias que atenden acotío, que facer cando se está nun incendio e como evitalo, visitamos as instalacións do parque de bombeiros, "probamos" o equipamento...

Foi unha experiencia moi especial e motivadora e a titora Ledicia coma sempre acordouse de sacar algunhas fotos, Mirade, mirade... que envexa vos imos dar.


 

VISITA APICULTOR. 3ºESO

O mércores 14 de maio dende a área de taller de iniciativas emprendedoras os alumnos de terceiro da ESO recibimos a visita de Jose Manuel González Paz, un emprendedor do sector primario.
Jose Manuel é un home que se esforzou ao largo da súa vida por facer o que máis quería, ser policía nacional e á vez poder estar en contacto co medio ambiente.É un amante da apicultura.
Jose Manuel díxonos que empezou nese sector porque para el é o máis importante debido a que é o fundamental para a subsistencia.
El tiña un soño e perseguiuno, porque a ilusión move e neste mundo rápido e cambiante hai que loitar porque os teus soños se fagan realidade.
Jose Manuel ten moitas das calidades persoais dun emprendedor: Iniciativa, autonomía, perseverancia, confianza en sí mesmo, flexibilidade, responsabilidade, actitude posítiva, capacidade de decisión, adaptabilidade e visión emprendedora.
Ahora está inmerso na apicultura pero non duda en montar unha casa rural.
Desta visita aprendimos que o noso rural é a nosa riqueza.
Distribuir contido