Poderá acceder ó primeiro curso das ensinanzas do bacharelato, en calquera das súas modalidades, o alumnado que reúna calquera dos requisitos que a continuación se sinalan:
a) Posuí-lo título de graduado en educación secundaria.
b) Ter superados os estudios do primeiro ciclo do programa experimental de reforma das ensinanzas medias.
c) Posuí-lo título de técnico auxiliar de formación profesional de primeiro grao.
d) Ter aprobado o segundo curso de B.U.P. ou con dúas materias non superadas como máximo.
e) Ter superados os cursos comúns dos estudios de artes aplicadas e oficios artísticos dos diferentes plans de estudios.
O alumnado que, non reunindo ningunha das condicións anteriores, trala superación dun ciclo formativo de grao medio de formación profesional específica ou de artes plásticas e deseño, posúa o correspondente título de técnico poderá acceder ás distintas modalidades de bacharelato. |