IES A Pinguela - Oferta educativa - Bacharelato
-----------------
 
TITULACIÓN

Os alumnos e alumnas que cursen satisfactoriamente o bacharelato en calquera das súas modalidades recibirán o título de Bacharel, que terá efectos laborais e académicos.

Para obter o título de Bacharel será necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato.

O alumnado que finalice os ensinos profesionais de música e danza, obterá o título de Bacharel se supera as materias comúns do bacharelato.

O título de Bacharel facultará para acceder á formación profesional de grao superior e aos estudos universitarios. Neste último caso será necesaria a superación dunha Proba de Acceso (selectividade), que, xunto ás cualificacións obtidas no Bacharelato, valorará, con carácter obxectivo, a madurez académica dos alumnos e os coñecementos adquiridos nel. Así mesmo facultará para acceder a graos e estudos superiores de ensinos artísticos, previa superación da correspondente proba.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela