Ao finalizar o primeiro curso, e como consecuencia do proceso de avaliación, o profesorado de cada alumno adoptará as decisións correspondentes sobre a súa promoción ao segundo curso.
Promocionarase ao segundo curso cando se superen todas as materias cursadas ou se teña avaliación negativa en dúas materias como máximo.
Quen promocione ao segundo curso sen superar todas as materias, deberá matricularse das materias pendentes do curso anterior. Os centros organizarán as correspondentes actividades de recuperación e a avaliación das materias pendentes.
Os alumnos poderán realizar unha proba extraordinaria das materias que non superen, nas datas que determinen as Administracións educativas. Unha vez realizada esta proba, cando o número de materias non aprobadas sexa superior a dúas, o alumno deberá permanecer outro ano no mesmo curso e repetir o curso na súa totalidade.
Os alumnos que, ao terminar o segundo curso de Bacharelato, teñan tres ou menos materias pendentes deberán de cursar unicamente estas materias.
A efectos desta disposición considerarase unha soa materia aquela que se curse coa mesma denominación nos dous anos do Bacharelato.
|