IES A Pinguela - Oferta educativa - Bacharelato
-----------------
 
AVALIACIÓN

A avaliación da aprendizaxe será continua e diferenciada segundo as distintas materias e levarase a cabo tendo en conta os diferentes elementos do currículo.

O alumnado poderá realizar unha proba extraordinaria das materias non superadas, nas datas que determinen as administracións educativas.

O profesor de cada materia decidirá, ao termo do curso, se o alumno ou alumna superou os obxectivos da mesma, tomando como referente fundamental os criterios de avaliación.

O equipo docente, constituído polos profesores de cada alumno ou alumna coordinados polo profesor titor, valorará a súa evolución no conxunto das materias e a súa madurez académica en relación cos obxectivos do bacharelato así como, ao final da etapa, as súas posibilidades de progreso en estudos posteriores.

Os profesores avaliarán tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela